Resumo 2020
- decembro 31, 2020
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Vamos co que deu de si este 2020. Ano que empezaba con moitas ganas xa que pechaba a etapa no Club Deportivo Pinarium e para comezala co Atletismo Arenteiro e tiña a motivación renovada e con ganas de estar a altura do novo equipo pero debido a pandemia da COVID foi pouco o que se puido facer aÃnda que o pouco que fixen non me saÃu moi mal.
XANEIRO (4 probas)
Comecei o ano participando nunha proba da casa, a Carreira Nocturna Solidaria de Vedra, onde debutaba xa como membro do Atletismo Arenteiro. En canto a proba quedeime as portas do podio e igualei o mellor tempo que teño nesta proba.
A seguinte proba foi a Carreira Popular de Pontecesures que este ano modificaba percorrido no que acadei un bo tempo e tamén preto dos postos de podio.
Foto: Concello de Pontecesures |
Continuamos co Cross de Boborás que tamén cambiou o percorrido e que non o souben ata que estabamos en plena carreira, facéndoa asà un pouco máis dura e condicionada por un terreo bastante esvaradÃo.
Para rematar o mes, un pouco de monte. Despraceime ata Ribeira para disputar o Trail da Cidá que me resultou un pouco mais duro que o ano anterior pero que fixen en modo adestramento.
Foto: Suso Balado |
FEBREIRO (4 probas)
Logo tocou disputar a Carreira do Cocido de LalÃn onde intentei mellorar o rexistro que tiña nesta proba pero que non fun capaz de conseguilo e onde sufrÃn máis do esperado. A maiores conseguimos o segundo posto por equipos, algo bo dentro da miña mala carreira.
Foto: Photoerikactiva Cuba |
Continuamos participando na Padrón 10K, este ano perdeu a homologación aÃnda que segue sendo o mesmo percorrido. Intentei mellorar o tempo que tiña pero non o din conseguido quedándome a uns segundos. O mellor un 2º por equipos nunha proba con moito nivel.
Foto: Organización |
Despois de disputar a proba de Padrón o dÃa anterior, nada mellor que ir soltar pernas polo monte participando no Trail de San Isidro. Este ano foi un trail moi duro polas condicións climatolóxicas pero por sorte sen fatiga do dÃa anterior.
Foto: Arousa Neo |
Para rematar o mes, máis monte. Participei no Trail Ribeiras do Tambre onde fun co obxectivo de conseguir premio por equipo pero este ano habÃa bastante nivel e non puido ser pero por sorpresa para min acabei sendo o 2º da categorÃa polo que moi contento co meu rendemento aÃnda que acabei coas pernas esnaquizadas.
ABRIL (1 proba)
En plena pandemia e confinados na casa, algún equipo ou organización comezou a facer probas virtuais non é o mesmo pero menos é nada. Eu por sorte fixérame un circuÃto polo terreo que teño e podÃa seguir adestrando e estirar un pouco as pernas.
Finalmente decidÃn participar na Carreira Quilometros Solidarios organizada polo Club Atletismo Ria de Foz, onde tiñas que facer como máximo 5Km e por cada Km o clube doaba 1Kg de alimentos ao banco de alimentos de Foz. Finalmente conseguiuse un total de 905Kg de alimentos que non está nada mal.
XUÑO (2 probas)
Seguimos con probas virtuais pero xa se podÃa saÃr da casa. Participei na E-Global Running Day organizada por Valencia Ciudad del Running. Onde a parte da inscrición, cada Km que fixeras era un 1€ que Ãa destinado a Cruz Roja Responde. Acabei facendo 21,55 Km e finalmente recadouse un total de 6305,45€
Para rematar o mes disputei a Ponle Freno Virtual, organizada por Atresmedia. Onde todo o recadado Ãa destinado as vÃtimas de accidente de tráfico. Proba de 10Km onde acadei un bo resultado sendo o 1º da provincia da Coruña e o 6º de Galicia.
XULLO (1 proba)
Primeira proba que fixen non virtual en tempos de Covid. Participei no Trail Romanico Experience proba non competitiva pero que me Ãa servir un pouco para comprobar o estado no que me atopaba. Finalmente cheguei 1º a meta aÃnda que notei que me faltaba un pouco de fondo. Ademais resultei gañador do sorteo que se fixo polo que non podÃa pedir máis.
Foto: Jesús Bernal |
OUTUBRO (1 proba)
AÃnda que se seguiron facendo algunha que outra proba fÃsica preferÃn non arriscar máis e seguir facendo probas virtuais para non perder motivación.
Participei na Carreira Virtual: Decathlon Run Series, onde gañabas puntos para a tarxeta de Decathlon. Proba que non me saÃu moi ben e o pasei mal para rematar por non respectar os tempos de alimentación antes de correr.
DECEMBRO (1 proba)
Durante 17 dÃas estiven participando na Carrera Virtual Solidaria de Papá Noel, durante ese tempo podÃas correr as veces que quixeses e só che contarÃa o tempo máis rápido. Un formato interesante e que me gustou moito. Finalmente tras catro intentos conseguÃn ser o primeiro nesta proba na distancia de 10K. Ademais recadáronse 4000€ para Cruz Roja.
PALMARES
Un ano marcado pola pandemia pero que aÃnda me deixou participar en 14 probas, sumando asà 148,1Km facendo unha media de 10.58Km por proba e nas que conseguÃn sumando as probas fÃsicas, virtuais e non competitivas:
- Dous 1º absolutos.
- Un 2º da categorÃa.
- Dous 2º por equipos.
¿QUE ESPERO DO 2021?
Principalmente que a pandemia comece a remitir e que se poidan comezar a disputar probas presenciais. Sobre todo espero con ganas a segunda metade de 2021 onde espero que xa con un gran número de persoas vacinadas se poidan celebrar máis ou menos as probas como se viñan celebrando e intentar mellorar algunha marca xa que con este ano que pasou os tempos comezan a quedar antigos.
0 comments