XLVII Carreira do San Martiño
- novembro 10, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Regresaba posiblemente a unha das carreiras que máis participación ten en Galicia, a San Martiño de Ourense xa na súa 47ª edición. Cun percorrido de 10K homologados que este ano sufría cambios por mor dunhas obras e que en principio ía ser máis rápido que o anterior.
Os obxectivos serían:
- Intentar facer un sub 35'.
- Intentar mellorar a marca que teño nesta distancia que é de 35' 46'' acadados en Ames 2024.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 47º de 2711.
- Posto categoría: 17º
- Tempo: 34' 59''
- Ritmo: 3:29 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido provisional xa que para o 2025 parece que volve cambiar, saída dende a Ponte do Milenio e subida cara a estación de tren. A partir de aquí novo percorrido xa que non imos cara a Ponte Romana. Seguimos e comezamos a facer moitas das partes do antigo percorrido pero ao revés con algunha zona nova como unha longa recta, primeiro subindo e despois baixando, pola Avenida de Zamora. Os 2 últimos km's foron perigosos por estar mollado xa que era por unhas rúas empedradas e xirando seguido ata a última subida polo Parque da Alameda que xa nos deixaría na interminable recta de meta de case 1Km baixando.
Cunha distancia polo reloxo de 10Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Recollida anticipada de dorsais ou durante os 2 días previos xa que o mesmo día da carreira non se fai entrega.
- Servizo de gardarroupas no Pavillón dos Remedios.
- Caixóns de saída controlados.
- Avituallamento intermedio con auga.
- Duchas ao carón da meta no Pavillón dos Remedios.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- O avituallamento final só era líquido como vedes no vídeo.
- Premios só ao 1º de cada categoría en vez de a 3 como é habitual.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Fikire Workneh ... 30' 24''
- Esteban Iglesia Vila ... 30' 41''
- Yago I. García Sainz ... 31' 40''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Esther Navarrete Santana ... 34' 34''
- Uxía Pérez Bugarín ... 35' 41''
- Itziar Manso Heras ... 37' 40''
0 comments