X Carreira Popular Concello de Rianxo

Tocou participar na 3ª proba do Circuíto Barbanza Arousa que sería a Carreira Popular Concello de Rianxo xa pola súa 10ª edición. Proba na que xa teño participado varias veces e que mantén ese percorrido de 3 voltas ata completar unha distancia de 10Km bastante rápidos.

Os obxectivos serían:

  • Quedar o mellor posible para a clasificación do circuíto.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 29º de 316.
  • Posto categoría: 14º
  • Tempo: 36' 26''
  • Ritmo: 3:38 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido como os últimos anos a 3 voltas bastante rápidas e practicamente todo chan pero con dúas subidas moi curtas. O circuíto está entretido cando se vai pola zona vella e o paseo marítimo pero moi aburrido e feo pola parte do porto.

Cunha distancia polo reloxo de 10 Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
  • Zona habilitada para aparcar.
  • Servizo de gardarroupas no Pavillón Municipal José Manuel Abuín.
  • Voluntarios ao longo do percorrido con importancia na zona vella.
  • Avituallamento intermedio con auga para a 2ª e 3ª volta.
  • Avituallamento final completo en bolsas individuais e chocolate quente.
  • Servizo de duchas no mesmo pavillón que o gardarroupas para os homes e nas piscinas para as mulleres todo ao carón da meta.
  • Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Os premios eran acumulativos.
  • O percorrido a tres voltas polo menos para min acaba aburrindo (non me gustan os percorridos por voltas). Non sei si terían a opción a amplialo cara algunha zona para polo menos quitarlle unha volta.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Hugo García Souto ... 33' 14''
  2. David de la Fuente Gómez ... 33' 16''
  3. Pablo Otero Fariña ... 33' 35''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Soledad Leiro López ... 38' 14''
  2. Leticia Barbosa Fernández ... 38' 24''
  3. Mullunesh Marina Porteiro de Loño ... 39' 03''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments