Campionato Galego de 10K en ruta 2025 (Carballo)
- xuño 01, 2025
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Logo de participar o día anterior no Cross de Santiso, tocou desprazarse ata Carballo onde se ía celebrar o Campionato Galego de 10K en ruta. Proba que xa realizara no 2023 cando tamén fora a sede deste mesmo campionato.
O obxectivo sería:
- Intentar achegarme aos 34'
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 28º de 220.
- Posto categoría: 9º
- Tempo: 35' 43''
- Ritmo: 3:31 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido a dúas voltas sáese subindo por unha pendente longa pero non moi inclinada. Rematada esta subida a recuperar baixando e logo xa zona máis chan ata o paso pola primeira volta onde volve a subir un pouco. A segunda volta sería o mesmo percorrido pero coa meta uns metros máis atrás do punto de saída.
Cunha distancia polo reloxo de 10,1Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- A maiores do 10K tamén hai carreira de 5K.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día da carreira.
- Avituallamento intermedio con auga.
- Avituallamento final completo.
- Servizo de fisioterapia.
- Duchas no polideportivo a 1K da meta.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Non notei nada en falta.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- David de la Fuente Gómez ... 30' 13''
- Hugo García Souto ... 32' 01''
- Adrián Lago Tizón ... 32' 09''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Itziar Manso Heras ... 36' 08''
- Antía Castro Pérez ... 36' 18''
- Sofía Freaza Otero ... 38' 06''

0 comments