13º Cross de Santiso
- maio 31, 2025
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Un ano máis participando nunha das mellores probas de Galiza polo menos para min. Tocou desprazarse ata Santiso, concretamente ata Visantoña para participar no Cross de Santiso, proba cunha distancia de 14K percorrendo os arredores do embalse de Portodemouros.
O obxectivo sería:
- Intentar correr a ritmo de 4:00'/km
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 5º de 318.
- Posto categoría: -º
- Tempo: 55' 23''
- Ritmo: 3:59 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido duro e rápido xa que se pode dividir como en tres partes. A primeira dende a saída ata o Km 4/ 4,5 bastante favorable xa que imos baixando cara o embalse aínda que tamén hai algunha subida dura polo medio. A segunda parte máis chan e propicia para correr ata o Km 11 aprox onde está o ferri. E a terceira parte xa ata meta practicamente todo o tempo subindo con ese ultimo tramo que este ano estaba cronometrado.
Cunha distancia polo reloxo de 13,9Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- A maiores tamén hai andaina.
- Servizo de coidado para os nenos durante a proba.
- Zona ampla para aparcar ao carón da saída.
- Recollida de dorsais o día da proba.
- Animación durante a proba con gaiteiros.
- Avituallamento intermedio con auga.
- Avituallamento final completo.
- Duchas en dous puntos: no polideportivo ao carón da meta e nas piscinas a 400m da meta.
- Festa final con ensalada de pasta, polbo, churrasco, melindres e cervexa. Seguramente me esqueza de algo.
- Premios non acumulativos.
- Medalla finisher.
- Agasallo dun suadoiro.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Todo perfecto.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Marcos Oro Vence ... 52' 03''
- David Alonso Nogueira ... 54' 04''
- Iván Gutierrez Souto ... 54' 42''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 1h 02' 08''
- Patricia Varela Santiso ... 1h 03' 07''
- Mª Jesús Conde Rodríguez ... 1h 03' 51''

0 comments