Campionato Galego de Media Maratón 2023 (Vilagarcía de Arousa)
- novembro 26, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou regresar a unha das media maratón máis chans que hai que Galicia e que ademais este ano tamén sería a sede do Campionato Galego: a Media Maratón Concello de Vilagarcía de Arousa. Sobre un percorrido homologado que este ano modificaba parte dese percorrido para facelo incluso máis rápido. Ademais o tempo tamén quixo acompañar e o día estivo perfecto para correr.
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta distancia que é de 1:19:23 acadados en Vilagarcía 2018.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 60º de 284.
- Posto categoría: 15º
- Tempo: 1h 19' 22''
- Ritmo: 3:45 min/km
O obxectivo conseguido polos pelos xa que logrei mellorar o tempo que tiña en 1 segundo... Posiblemente saín moi lento pero isto tamén fixo que chegase con algo máis de forza ao final para ir remontando o tempo perdido. Seguramente se fixera ao revés de saír máis rápido ao principio ía rebentar na metade da carreira e o tempo non ía ser o mesmo.
De todas formas polo reloxo saíronme 200m de máis e o ritmo foi de 3:43 min/km. Facendo un tempo neto de 1:19:06 polo que moi contento co rendemento que tiven nesta carreira e a ver se no próximo intento consigo baixar da 1:19:00.
O peor foi que nos últimos 10Km comezoume unha molestia na zona dos abdutores que cada vez ía a máis e cando rematei a proba ía bastante tocado.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido foron 3 voltas que cambiou respecto aos anos anteriores. Nun principio íase dar primeiro a volta curta e despois as dúas longas pero algún erro na organización fixo que déramos: unha longa, unha curta e unha longa. Isto provocou que cando empezamos a facer a volta curta había grupos de corredores dobrados e os avituallamentos tampouco coincidían co establecido. Un erro moi grave para quen tiña que tomar sales ou xeles e beber auga. Foi un pouco caos nese sentido pero o percorrido e completamente chan e moi idóneo para facer grandes rexistros.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Zona para aparcar ao carón da carreira.
- Globos de tempo obxectivo.
- Voluntarios ao longo do percorrido.
- Avituallamento intermedio con líquido.
- Avituallamento final completo.
- Duchas en 3 puntos, un deles ao carón da meta.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- O erro xa comentado co percorrido e que provocou tamén que os avituallamentos non estivesen nos puntos Kms anunciados.
- Para min tamén facía falta caixóns de saída por tempo porque creo que a saída foi un pouco caos. De feito nin me din de conta cando se deu comezo a proba.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Anxo Castro Varela ... 1:07:44
- Jonatan Díaz Cuervo ... 1:08:04
- Alvaro Prieto Fervenza ... 1:08:36
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 1:23:02
- María J. Conde Rodríguez ... 1:23:42
- Sofía Freaza Otero ... 1:24:02
0 comments