IX Carreira Concello de Rianxo
- novembro 19, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras o aprazamento desta proba por un temporal, 15 días despois puidese celebrar a 3ª proba do circuíto Barbanza Arousa, a IX Carreira Popular Concello de Rianxo sobre un circuíto ao que teríamos que dar 3 voltas ata completar unha distancia de 10Km e que xa teño feito varios anos.
O obxectivo sería:
- Quedar o mellor posible para a clasificación do circuíto.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 34º de 262.
- Posto categoría: 12º
- Tempo: 37:04 min.
- Ritmo: 3:41 min/km
O obxectivo máis ou menos xa que moitos da miña categoría e que estaban tamén na clasificación do circuíto quedaron por adiante pero as sensacións que tiven en carreira foron moi boas así que contento co resultado. Veremos como queda a clasificación do circuíto xa que aínda queda a Popular de Boiro para seguir dando guerra na clasificación.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido como dixen 3 voltas moi chans con tan só dous pequenos repeitos moi curtos coas súas respectivas baixadas. Circuíto con dúas partes máis bonitas como é a parte do paseo marítimo que imos pegados ao mar e o centro de Rianxo coas rúas empedradas e unha parte que non me gusta nada como é a zona do porto.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Zona habilitada para aparcar.
- Servizo de gardarroupas.
- Voluntarios ao longo do percorrido.
- Avituallamento intermedio con auga creo que en cada volta, non sei se deron na primeira.
- Avituallamento final moi completo e nunha bolsa individual para cada corredor. Ademais tamén daban chocolate quente.
- Duchas ao carón da meta.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Pois os premios que eran acumulativos algo do que non estou moi a favor en probas populares pero polo resto da carreira ben.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Hugo García Souto ... 32:15
- Carlos E. Gutierrez González ... 32:22
- Jorge González Mariño ... 32:27
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Rebeca Mariño Torrado ... 39:10
- Silvia García Lorenzo ... 39:57
- Ariana González Verde ... 40:53
0 comments