Castro Caldelas Vegan Trail
- decembro 15, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou regresar ao monte, dende Setembro non corría por este terreo e non sabía que tal se me ía dar pero puxen rumbo a Castro Caldelas onde se ía celebrar o Castro Caldelas Vegan Trail, con varias distancias a escoller que no meu caso serían 17,5Km e 1050m+ e no que correríamos cunha temperatura baixo 0ºC.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 20º de 137.
- Posto categoría: 6º
- Tempo: 2h 05' 26''
- Ritmo: 7:09 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido arrancaba cunha baixada de 2,3 Km onde había que ir con tino polas follas. Chegamos a primeira subida para min a máis dura duns 900m e uns 300m+. A partir de aí a tendencia da carreira era a ir baixando pero sempre con algunha sorpresa en forma de subida ata que chegamos ao Km 12,7 onde nos esperaba outra subida tendida para facer a baixada polas zona da viña. Rematada a baixada todo o que quedaba uns 2,5 Km aprox. era todo o tempo subindo pero que se levan mellor que a primeira das subidas.
Cunha distancia polo reloxo de 20,3Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira e guía de carreira que mandan por correo.
- 3 distancias para o trail e 2 distancias para a andaina. A maiores o día anterior tamén había proba de Km vertical.
- A localización e o entorno espectaculares aínda que a néboa nos privou de moitas vistas.
- Recollida de dorsais durante os dous días previos e o mesmo día da proba.
- Servizo de gardarroupas.
- Boa marcaxe do percorrido, aínda que eu si que me equivoquei na baixada polas viñas uns metros.
- 2 avituallamentos intermedios completos.
- Avituallamento final completo con produtos veganos.
- Duchas a 1,2Km da meta.
- Comida final con empanada e unha especie de caldo todo vegano. No momento da inscrición podías mercar tícket para acompañante por 5€.
- Medalla finisher.
- Agasallo dunha bolsa.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- O control do material obrigatorio aínda que había dous xuíces facendo ese control foi lento ou nos fomos tarde pasar o control porque ao final saímos como 10' tarde.
- Non viña mal algún cartel indicando onde estaban as duchas porque aínda estivemos un bo cacho buscando onde estaban e non fomos os únicos.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Hugo García Souto ... 1h 42' 53''
- Manuel Piñeiro Fiel ... 1h 43' 56''
- Anxo Cid Corbillón ... 1h 46' 46''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Alejandra Sanromán ... 2h 06' 06''
- Patricia Noya Rodríguez ... 2h 07' 09''
- Stephanie Cubides Martínez ... 2h 13' 59''
0 comments