XIX Carreira Mar de Boiro
- decembro 01, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Chegamos a última proba do Circuíto Barbanza Arousa que como cada ano é a Carreira Mar de Boiro xa na súa 19ª edición. Un percorrido de 10Km rápido pero que hai que coñecer ben para saber onde regular e poder chegar con forzas a última parte da carreira.
Os obxectivos serían:
- Intentar mellorar o tempo que tiña nesta proba que é de 35' 58''.
- Quedar o mellor posible para a clasificación do circuíto.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 32º de 351.
- Posto categoría: 13º
- Tempo: 36' 15''
- Ritmo: 3:39 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido era o dos últimos anos, con saída no centro de Boiro e os 3 primeiros kms moi rápidos. Logo comeza un sube e baixa constante ata o último km e medio onde hai unha forte baixada para comezar coa subida máis dura da proba, cambio de sentido e xa terreo favorable ata meta.
Cunha distancia polo reloxo de 9,9 Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Boa zona para aparcar preto das duchas.
- Recollida de dorsais separada por nº de dorsal facendo máis áxil o proceso.
- Avituallamento intermedio con auga.
- Avituallamento final completo e chocolate quente.
- Duchas a 500m da meta no Pavillón do Complexo Deportivo da Cachada.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Os premios que son acumulativos.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Martín Lestido Rey ... 33' 16''
- Daniel Maneiro Teira ... 33' 33''
- Saul Benítez Pérez ... 33' 36''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Carol Santos Villalón ... 39' 03''
- Ariana González Verde ... 41' 19''
- Miriam Trigo Castro ... 41' 49''
0 comments