­
­
VIII Trail da Filloa - Miguel Iglesias - Trail & Run GZ

VIII Trail da Filloa

Tras participar a semana pasada no Trail Terras de Burón e levar un bo golpe. Tocou desprazarse ata Zas para participar no Trail da Filloa xa na súa 8ª edición. Un trail no que xa participara no 2023 polo que máis ou menos xa sabía ao que me ía enfrontar co aliciente de que este ano aínda se esperaba máis barro. Con varias distancias a escoller, decanteime pola intermedia de 18K e 1050m+. Sen obxectivos debido a que o golpe que levei a semana pasado non me deixou adestrar ben e non sei como irei en carreira.


🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 39º de 211
  • Posto categoría: 13º
  • Tempo: 2h 26' 58''
  • Ritmo: 7:40 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido con saída na praza do concello comezaba por asfalto ata que nos adentramos no monte xa a subir. Logo baixada entre árbores e zona de correr pegados ao rio. Subida curta e volta ao rio onde nos esperaba a subida das cordas. Seguimos subindo e chegamos a outra baixada e unha zona rápida ata os pés do Monte Brondo onde nos esperaba un autentico barrizal. Subimos o Brondo por cortalumes e baixada técnica. Nova subida, zona para correr e última subida por outro cortalumes. Zona rápida e logo un pouco de técnica pegados ao rio. Xa os últimos kms sen moita complicación pero con moita auga para chegar a meta no Polideportivo.

Cunha distancia polo reloxo de 19,2Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira e guía do corredor con toda información necesaria.
  • Varias distancias para o trail de 29K, 18K ou 13K e andainas de 20K ou 12K.
  • Varias zonas para aparcar.
  • Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día da proba.
  • Servizo de gardería.
  • Servizo de gardarroupas na saída e levancho para a meta.
  • Voluntarios ao longo do percorrido sobre todo nos cruzamentos de estradas e desvíos das distintias distancias.
  • Boa marcaxe do percorrido.
  • A localización e entorno moi chulo cun percorrido entretido.
  • 2 avituallamentos intermedios completos.
  • Avituallamento final completo.
  • 2 zonas de duchas. No propio polideportivo e no campo de fútbol a 1,5K.
  • Comida final con caldo, filloa con chourizo e bebida. Acompañantes por 4€.
  • Trofeos non acumulativos e moi chulos en impresión 3D.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Volvín a quedarme coas ganas de tirarme polo tobogán xa que non estaba para a distancia na que participei.
  • Sendo o Trail da Filloa, esperábame poder comer máis filloas xa que só tes dereito a unha no ticket que che dan coa recollida de dorsal. Estaban moi boas.
  • Non houbo agasallo da proba que é bastante raro. A última vez que participara lémbrome que deron un pino.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Sergio García Rodríguez ... 1h 55' 44''
  2. Mario Rouco Rey ... 1h 59' 42''
  3. Roberto García Fernández ... 2h 00' 08''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Apolonia Bermúdez Canosa ... 2h 23' 05''
  2. Alejandra Sanromán Villamarín ... 2h 24' 10''
  3. Yulia Bokhinska ... 2h 31' 20''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments