­
­
Campionato Galego de Trail 2025 (Caldas de Reis) - Miguel Iglesias - Trail & Run GZ

Campionato Galego de Trail 2025 (Caldas de Reis)

Regreso tras 5 semanas de descanso obrigado xa que o golpe que levara na Fonsagrada resultou ser unha fisura na costela que me obrigou a parar de todo para poder recuperar ben. Tocou desprazarse ata Caldas de Reis por primeira vez e nada máis e nada menos que para disputar un Campionato Galego que neste caso ía ser o Campionato de Trail Running sobre unha distancia de 28K e uns 1700m+.

O obxectivo:
  • Simplemente desfrutar e volver enteiro xa que ando coa preparación da Maratón de Madrid que é o obxectivo principal deste ano.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 34º de 95.
  • Posto categoría: 5º
  • Tempo: 3h 17' 37''
  • Ritmo: 6:56 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido saía dende o centro de Caldas con bastante asfalto na saída e poñendo rumbo ao Monte Xiabre para encarar a primeira subida por un longo cortalumes ata o Km 8. Tras subir tocou baixar por unha zona con pedras soltas bastante técnica, logo algo máis corrible e outra vez algo de técnica. Comezamos a subir novamente o Xiabre pero con algun tramo de baixada polo medio ata que nos poñemos a subir sen descanso ata o Km 15,5. Longa baixada rápida por terra no medio de toda a baixada cruzamos pola Fervenza Fridauga. Volta a subir ao Xiabre por outra zona ata o Km 20 e dende aí a baixar polo mesmo sitio que a fixemos na primeira subida pero agora poñendo rumbo a meta situada na Praza do Camiño Portugués.

Cunha distancia polo reloxo de 28,5Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira e guía do corredor con toda a información necesaria.
  • Varias distancias en trail de 28K, 16K ou 8K e andaina de 12K.
  • Varias zonas para aparcar.
  • Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
  • Retransmisión en directo da proba (aínda que non sei se a houbo ao final).
  • Boa marcaxe do percorrido.
  • 4 avituallamentos intermedios (2 completos e 2 líquidos).
  • Duchas no polideportivo a uns 800m da meta.
  • Comida final con callos.
  • Os premios non eran acumulativos.
  • Agasallo duns manguitos e se non me equivoco só para a distancia longa para o resto de distancias creo que daban unha camiseta.
  • Sorteo entre os asistentes a entrega de premios.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Localización, entorno e percorrido mellorable, polo que vin as outras distancias, que ían por outro monte, o percorrido parecía máis entretido e máis agradable visualmente.

  • Os avituallamentos tanto intermedio como final bastante xustos comparados con calquera outro trail. Por exemplo no avituallamento final, cando cheguei había auga e plátano e cando marchaba para as duchas chegaba o isotónico e a laranxa. Foi un avituallamento final por tramos de tempo.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Roberto García González ... 1h 18' 34''
  2. Damián González Castro ... 1h 20' 27''
  3. Armando Calvo Ces ... 1h 21' 08''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Claudia Fernández-Couto Álvarez ... 1h 47' 33''
  2. Carla C. Liñares Barreiro ... 1h 51' 53''
  3. Jessica Varela Mella ... 1h 52' 57''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments