IV Trail Cova da Bruxa
- marzo 30, 2025
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Último trail, antes de poñerme a tope coa preparación da maratón. Para iso despraceime ata Muros onde se ía disputar o Trail Cova da Bruxa sobre unha distancia de 23Km e 1500m+. Proba que xa fixera no 2023 e que me gustara pese a non ter un bo día climatolóxico e non poder desfrutar das vistas.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 53º de 184.
- Posto categoría: 5º
- Tempo: 2h 40' 20''
- Ritmo: 7:23 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido gustoume bastante e tiña de todo para non aburrirte en ningún momento. Unha primeira parte rápida para estirar o grupo de corredores aínda que ao chegar a unha escaleiras se fixo algo de tapón. Subidas que permitían correr e outras nas que era imposible como os cortalumes que pasamos. Vistas espectaculares de toda a ría. A zona de monte onde estaban as cordas unha pasada. Baixadas algunha técnica por haber pedras soltas pero outras moi rápidas como me gustan a min entre as arbores e sobre terra seca. Unha última parte onde se podía correr bastante cunha zona técnica pegados ao río o cal temos que cruzar e esa sorpresa final con todo ese barrizal antes de chegar a meta.
Cunha distancia polo reloxo de 21,7Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Varias distancias para o trail de 23K, 15K ou 10K. Tamén hai andaina de 10K e distancias para os cativos.
- Varias zonas para aparcar.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
- Servizo de gardarroupas.
- Localización e entorno moi chulo, con moi boas vistas durante o percorrido.
- Boa marcaxe do percorrido e marcaxe dalgún segmento de Strava.
- Animación durante a proba coas bruxas.
- 3 avituallamentos intermedios completos.
- Avituallamento final moi completo, incluso creo que en exceso
- 2 zonas de duchas. Unha na zona de meta e outra a 800m onde aseguraban auga quente.
- Premios non acumulativos.
- Agasallo dunha bolsa, mapa turístico do concello, mostra de crema antiflamatoria, camiseta e cartel da próxima proba que organizan.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- As colas que se formaron para poder acceder a mangueira para quitar o barro das zapatillas tras pasar pola ciénaga de los muertos e tamén para acceder ao avituallamento final.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Pablo Vecino Rey ... 2h 04' 02''
- Andrés Flórez Pérez ... 2h 08' 40''
- Marcos A. Pascual Fidalgo ... 2h 11' 50''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Alba Rey Penelas ... 2h 43' 42''
- Patricia Noya Rodríguez ... 2h 45' 13''
- Mª del Rosario Figueroa Figueroa ... 2h 48' 58''
0 comments