11º Carreira Camiño das Letras
- maio 17, 2025
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Un ano máis participando nesta proba e xa van 10 de 11. Despraceime ata Santiago de Compostela, concretamente ata a Cidade da Cultura onde estaba situada a meta da Carreira Camiño das Letras sobre un percorrido lineal de 15Km con saída no Pico Sacro percorrendo practicamente todo o tempo o Camiño de Santiago.
O obxectivo sería:
- Intentar chegar a meta por debaixo dos 58'.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 3º de 126.
- Posto categoría: -º
- Tempo: 55' 37''
- Ritmo: 3:46 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido con saída no Pico Sacro moi rápida xa que os primeiros 5Km son practicamente todo o tempo costa abaixo. Logo ven un tramo de sube e baixa tamén rápido ata o Km 11 aprox. onde se comeza subir constantemente cara Angrois e seguidamente ata a Cidade da Cultura para chegar a meta.
Cunha distancia polo reloxo de 14,8Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Dúas distancias a escoller entre 5K ou 15K.
- Ampla zona para aparcar na Cidade da Cultura.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
- Servizo de gardarroupas na saída.
- Servizo de autobuses ata o lugar da saída.
- Voluntarios nos puntos máis conflitivos.
- 3 avituallamentos intermedios liquidos.
- Avituallamento final completo e novamente con degustación de tenreira galega.
- Servizo de masaxe post carreira.
- Duchas a 1,5K da meta pero son as que quedan máis preto.
- Premios non acumulativos.
- Agasallo dun diploma e dun libro.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Non notei nada en falta, estivo todo ben.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Juan Negreira Montero ... 54' 41''
- Sergio Requeijo Requeijo ... 54' 52''
- Miguel Iglesias Amores ... 55' 37''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Lucía Peón Santomé ... 1h 06' 14''
- Nía Franco ... 1h 07' 13''
- Iria Senra Martínez ... 1h 11' 01''
0 comments