11º Trail Vila de Cuntis

Tras unha semana de descanso total pola maratón, tocou regresar a competición para disputar o Trail Vila de Cuntis sobre a distancia intermedia das que ofertaban con 17Km e 950m+. Proba que xa disputara no 2022 e que non quedara moi contento polo que toca darlle outra oportunidade a ver se desta vez quedo máis contento.

O obxectivo:
  • Saír tranquilo e comprobar as sensación tras a maratón.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 6º de 122.
  • Posto categoría: 1º
  • Tempo: 1h 53' 42''
  • Ritmo: 6:22 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido saía dende o pavillón de Cuntis, pequeno tramo de asfalto e a adentármonos no monte subindo pouco a pouco e cruzando o rio da Patela varias veces ata Castro Sebil. Logo baixada e zona bastante rápida para correr entre arbores e sendeiros ata un pouco despois do desvio no Km 10,1 aprox. onde tras cruzar o rio Umia comezamos a subir de novo a Castro Sebil para volver a baixar xa practicamente todo o tempo ata meta onde iríamos polo mesmo sitio que os primeiros 700m.

Cunha distancia polo reloxo de 17,8Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • 3 distancias para o trail a escoller entre 9Km, 17Km ou 28Km. 2 distancias para a andaina de 9Km ou 17Km e tamén carreira para os cativos.
  • Recollida de dorsais o propio día da carreira.
  • Voluntarios nos puntos máis conflitivos.
  • Avituallamentos intermedios completos.
  • Avituallamento final completo.
  • Duchas no propio polideportivo de chegada a meta.
  • Comida final con callos, cervexa e biscoito.
  • Premios non acumulativos.
  • Agasallo dunha bolsa estanca.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • A marcaxe pese a que practicamente estivo toda perfecta, eu si que tiven problemas nun tramo baixando despois do vértice xeodésico porque era unha zona aberta e as cintas no chan non se vían moi ben grazas aos camiñantes que me atopei alí que me indicaron o camiño e despois no punto onde me estaba equivocando de camiño como se veu no vídeo porque había unha cinta cortando o camiño polo que había que ir e daba a sensación que por alí non era pero polo resto todo sen problemas.
  • Tamén se podía habilitar un gardarroupas tendo a saída ao carón do polideportivo para así chegar, ter alí a mochila e ir xa para a ducha.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Manuel Piñeiro Fiel ... 1h 43' 35''
  2. Oscar Guerra Magan ... 1h 45' 51''
  3. Victor Maneiro Freire ... 1h 46' 29''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Nerea Castro Nogueira ... 
  2. Belén Riádigos Cardigonde ... 2h 07' 08''
  3. Zulima Carrión Flores ... 2h 08' 31''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments