Campionato Galego de 5K en ruta 2023 (As Pontes)

Tras correr onte a última proba do CorreSan, tocou desprazarse ata As Pontes onde este ano se celebraba o Campionato Galego de 5K en ruta. Xa participei nesta mesma proba sendo campionato no 2019 onde conseguira mellorar o obxectivo que levaba de mellorar a marca polo que este ano o obxectivo ía ser o mesmo.

O obxectivo sería:
  • Intentar mellorar o tempo que teño nesta distancia que é de 17:33 min. acadado en Ames 2021.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 35º de 147.
  • Posto categoría: -
  • Tempo: 17:24 min.
  • Ritmo: 3:27 min/km
O obxectivo logrado xa que conseguín mellorar o meu tempo en 9 seg. Sinceramente pensei que non o ía dar conseguido porque non adestrei en toda a semana porque estiven medio enfermo e competín o día anterior polo que chegaba moi xusto pero tiven o día e saíume unha boa carreira. O tempo neto foi de 17:19 min. polo que hai marxe de mellora polo menos para baixar dos 17:00 min. a partir de aí xa hai que dar moita zapatilla e preparar a carreira a conciencia.

O percorrido a saída un pouco complicada xa que ao pouco de saír aínda sen estirar o grupo hai un xiro a dereita en baixada un pouco complicado a partir de aí xa a dar zapatilla. No Km 2 comezaba a picar cara arriba non moito pero si que se notaba e fai que te teñas que esforzar máis para non perder o ritmo ata o Km 3,5. Dende aí xa en leve baixada ata meta que se chega tras unha longa recta que parece que nunca se dá acabado.

En canto a carreira moi ben, había voluntarios nalgún cruce, avituallamento final completo, duchas preto da meta e agasallo dunha camiseta técnica e unha bolsa de tela. A mellorar sería por parte da federación, sendo campionato era ben poñer caixóns de saída xa que para min a saída foi un pouco caos con xente que se pon adiante sabendo que non ten ritmo para saír dende aí e acaba molestando neses primeiros metros e outra cousa que non entendo e que tras pasar cámara de chamadas nos teñan apartados no recinto que a federación nos di algo que nos case 10 anos que levo competindo aínda non sei porque se fai.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Jorge Puig Malvar ... 14:57
  2. Iván Rego Veigas ... 15:00
  3. Pablo Bocelo Bellas ... 15:10
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Zoe M. Odile Cardin ... 17:21
  2. Eva Piñel Lorenzo ... 17:38
  3. Sandra Mosquera Losada ... 18:00
Pd.: Clasificación completo. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments