III Cross Solidario Unha Tarde con Samuel
- marzo 25, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Volvo ata Santiago de Compostela, concretamente ata o Monte do Gozo onde se ía celebrar o III Cross Solidario "Unha tarde con Samuel". O percorrido serían 4 voltas ata completar unha distancia de 5Km no que xa participei o ano pasado e que ao final case é 1Km menos. Este cross é 100% solidario xa que todo o recadado vai destinado a investigación da distrofia muscular Duchenne e Becker.
O obxectivo sería:
- Sen obxectivos máis que o de colaborar coa causa.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 16º de 108
- Posto categoría: 3º 🥉
- Tempo: 17:37 min.
- Ritmo: 4:18 min/km
O obxectivo cumprido xa que co día que estaba non había ganas ningunha de estar alí pero a causa merecía a pena. Conseguín un podio que non me esperaba e menos coas malas sensacións que tiven en carreira coas pernas pesadas e na zona que íamos subindo pegaba todo o vento de cara e parecía que non te movías.
O percorrido este ano máis duro que o anterior polas condicións climatolóxicas xa que o vento en zonas do percorrido molestaba bastante e a chuvia fixo que estivese algunha zona máis embarrada. Finalmente saíron sobre 4,1 Km como o ano anterior.
En canto a proba estivo ben xa que o carácter solidario da proba é o máis importante pero ademais podías recoller o dorsal o día anterior ou o mesmo día da proba, o avituallamento final moi completo ata había rosca e chocolate quente ou café que co día que estaba viña perfecto e antes da entrega de trofeos había sorteos entre os asistentes. O único que intentaría poñer sería o servicio de duchas, que non sei se nalgunha das insolacións que están alí ao carón dispoñen delas e por parte da cronometraxe máis velocidade a hora de sacar os resultados.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Alejandro Roca Rivera ... 16:12
- Lucas Pena Carracedo ... 16:13
- Jose Sandá Ares ... 16:23
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Alejandra Formoso Recarey ... 18:50
- Noelia Papín Estévez ... 19:12
- Andreia Ramos Leis ... 20:48
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte!!
0 comments