IV Trail Ribeiras do Tambre

Despraceime ata o Concello de Ames, concretamente ata as instalacións do Aeroclub de Santiago onde esta a meta e entrega de dorsais do IV Trail Ribeiras do Tambre. Dende aí teríamos que coller un autobús ata a saída en Ponte Maceira e completar unha distancia duns 16 Km aprox. e un desnivel positivo de 400m.

O obxectivo sería:
  • Quedar o mellor posible para a clasificación por equipos.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 21º de 180.
  • Posto categoría: 4º.
  • Posto equipos: 2º 🥈.
  • Tempo: 1:21:14.
  • Ritmo: 5:23 min/km.
O obxectivo conseguido xa que conseguimos chegar ao podio só por detrás dun intratable Atletismo Cambados que colocou a 3 dos 6 integrantes que puntuaban nos tres primeiros postos. Eu tívenme que conformar coa medalla de chocolate ao ser 4º e perdendo o podio cando chegamos ao Rego da Anduriña a favor dun corredor do Cerne.

O percorrido igual que o ano pasado moi rápido xa dende a saída porque hai que coller sitio para facer o tramo polo sendeiro pegados ao río xa que é complicado adiantar a non ser que che deixen pasar. Polo Km 6,5 separámonos do río para adentrarnos un pouco no monte sobre 2Km e volvemos de novo ao río ata a praia fluvial de Tapia onde estaba o avituallamento. Xa dende aí comezamos a subir cruzando varias veces o Rego da Anduriña e facemos cumio a escasos metros de chegar a meta a onde chegamos tras unha baixada técnica.

En canto a carreira bastante ben, había opción de trail ou andaina, zona para aparcar, servizo de autobuses ata a saída, gardarroupas na saída, avituallamento intermedio e final completo, duchas ao carón da meta e agasallo dun portadorsais. O único que hai que mellorar foi o de comprobar as pontes de madeira que tivemos que cruzar xa que o compañeiro de equipo que viña detrás miña, tras pisar un dos paus, rompeu e por sorte non meteu o pé porque podía ser moi perigoso

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Manuel Piñeiro Fiel ... 1:11:42
  2. Oscar Guerra Magan ... 1:11:58
  3. Maxi Oubiña Falcón ... 1:12:49
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Bea Barroso Pérez ... 1:30:00
  2. Lucía Peón Santomé ... 1:33:54
  3. Eva de la Fuente Iglesias ... 1:39:06
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments