Maratón de Madrid 2025

Segunda maratón que realizo, tras Coruña 2019 e primeira vez por Madrid. Claramente descoñecía a dureza do seu perfil e a pesar de que todos me advertiron de que non era a mellor para un gran tempo, foron 7 semanas de preparación para poder chegar o mellor posible e intentar acadar o obxectivo que levaba que non sería outro que intentar correr a 4:00'/km.


🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 111º de 11464.
  • Posto categoría: 27º
  • Tempo: 2h 50' 42''
  • Ritmo: 4:03 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido bastante duro para unha maratón é un continuo sube e baixa, aínda que vendo o perfil parece favorable faise moi duro sobre todo por eses últimos 6Km todo o tempo subindo. A parte favorable é que se vai pasando por varios lugares turísticos e fanse máis amenos os kms xunto cos ánimos do público e os puntos de animación que hai.

Cunha distancia polo reloxo de 42,5Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Tres distancias a escoller entre 10K, 21K e 42K.
  • Recollida de dorsais na feira do corredor, 2 días antes ou o día previo. Non se entregan dorsais o día da carreira.
  • Servizo de gardarroupas.
  • Baños portátiles na saída, meta e tamén nos puntos de avituallamento.
  • Caixóns de saída e comezo por oleadas.
  • Retransmisión en directo da proba por TV e seguimento de atletas mediante APP.
  • 11 avituallamentos intermedios.
  • Avituallamento final.
  • Medalla finisher con opción de poñerlle o nome e o tempo.
  • Bolsa do corredor con camiseta e un lote de produtos das marcas que patrocinan.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • A saída un pouco caos e iso que se sae por oleadas pero non sei se saír cos da media maratón é unha boa opción. A parte tiven un choque contra outro corredor que quixo cruzar para o lado dereito para intentar facer menos metros (supoño).
  • O percorrido pola Casa de Campo para min moi longo e aburrido. A parte que coincide coa zona do posible "muro" e hai que chegar moi ben de cabeza para non arruinar os obxectivos.
  • Non hai duchas pero creo que normal pola cantidade de corredores que somos.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Derara Hurisa ... 2h 09' 11''
  2. Limenih Getachew ... 2h 09' 28''
  3. Yago Rojo Sancho ... 2h 09' 37''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Maritu Ketema ... 2h 25' 55''
  2. Zinash Debebe ... 2h 27' 02''
  3. Betty Chepkorir ... 2h 28' 58''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments