24ª Media Maratón Gran Bahía Vig-Bay

Primeira carreira de asfalto do ano e primeira vez tamén nesta proba. Despraceime ata Vigo onde estaba a saída da 24ª Media Maratón Gran Bahía Vig-Bay cun percorrido en liña con saída en Vigo pasando por Nigrán e meta en Baiona.

O obxectivo:

  • Correr a un ritmo medio de 3:50'/km en modo adestramento para a Maratón de Madrid.


🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 77º de 4525.
  • Posto categoría: 20º
  • Tempo: 1h 20' 06''
  • Ritmo: 3:46 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido con saída en Samil ten os primeiros km's fáciles ata o Km 3 onde está a subida máis dura e longa, a subida de Canido ata o Km 6, dende aí xa a baixar progresivamente ata Nigrán onde tras unha forte baixada hai un pequeno repeito curto pero intenso. Xa polo Km 14,5 comeza a subida ao Monte Lourido sen moita complicación pero as pernas xa notan calquera pequena subida. Dende aí practicamente xa terreo chan con algún sube e baixa que predominan durante todo o percorrido.

Cunha distancia polo reloxo de 21,3Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Dúas distancias, a parte da media maratón tamén hai carreira de 10,5K.
  • Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día da proba.
  • Servizo de gardarroupas.
  • Servizo de autobuses.
  • Animación durante a proba con gaiteiros e batucada.
  • Varios avituallamentos intermedios, 4 líquidos e 3 con esponxas.
  • Avituallamento final completo nunha bolsa con: galletas, palmeritas, barrita de proteínas, froita, auga e isotónico.
  • Medalla finisher.
  • Agasallo dunha bolsa que contiña: información da carreira, mostra de crema de masaxe, tableta de chocolate e camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • As duchas, non sei se foi porque chegamos tarde pero aquelo era un circo. Moita cola e quen estaba por alí organizando estábanos metendo presa mentres nos duchabamos para que fose meterse na auga e vestirse fora. Eu coas presas ata deixei o champú e as zapatillas no vestiario... menos mal que quedaba un amigo alí e mas recolleu.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Ruben Pires ... 1h 08' 27''
  2. Hugo García Souto ... 1h 08' 31''
  3. Manuel Lorenzo López ... 1h 08' 45''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Carmela Cardama Baez ... 1h 18' 10''
  2. Eva Piñel Lorenzo ... 1h 19' 59''
  3. Lea Breinholt Moeskjaer ... 1h 20' 08''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments