Andaina do Terror

O ano pasado quedeime coas ganas de poder participar e descubrir esta andaina teatral pero este ano non a podía perder e polos pelos me puiden anotar xa que fun dos últimos en inscribirme nas 600 prazas dispoñibles que duraron menos de 24 horas aínda que despois ampliaron algunhas prazas máis. Andaina de 5Km e que durante o percorrido nos íamos ir atopando criaturas dispostas a asustarnos.


🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido foron uns 5,1 Km, que transcorren por pistas asfaltadas e por monte con algún tramo onde tiñas que mirar onde se pisaba xa sexa polas pedras que había ou porque había que cruzar algún riachuelo pero apto para calquera condición física. 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da proba.
  • Aparcamento ao carón da saída
  • Recollida da pulseira/dorsal o día previo ou o mesmo día.
  • Voluntario que facía de guía controlando que foramos todos xuntos.
  • Moitos puntos decorados e personaxes durante o percorrido. A verdade que neste punto esperábame menos e quedei sorprendido.
  • Avituallamento final con chocolate quente e bica.
  • Agasallo dunha taza e dunha chapa.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Pois estivo todo perfecto pero o chocolate que me tocou a min, parecía que se lles quixo queimar un pouco porque che deixaba un sabor amargo na boca. Ademais incluiría no avituallamento unhas botellas de auga.
Moitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments