XXIII Carreira Popular Concello de Ames
- outubro 20, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou desprazarse ata Ames, concretamente ata a localidade de Bertamiráns onde se ía celebrar a 23ª Carreira Popular Concello de Ames. Sobre un percorrido a dúas voltas ata completar unha distancia de 10Km. Proba que está homologada polo que ía co obxectivo claro de intentar mellorar a miña marca nesta distancia condicionado coa meteoroloxía xa que o prognóstico era de vento e chuvia.
Os obxectivos serían:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta de distancia que é de 35' 50'' acadados no 2018 en Ourense.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 20º de 385.
- Posto categoría: 7º.
- Tempo: 35' 46''.
- Ritmo: 3:34 min/km.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido son dúas voltas bastante chans aínda que hai unha pequena subida ata o colexio, a seguinte recta é un pouco sube e baixa e hai un xiro de 180º que rompe un pouco o ritmo para comezar a segunda volta.
Cunha distancia polo reloxo de 10,04 Km
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información da carreira.
- Zona para aparcar preto.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
- Avituallamento intermedios con auga.
- Avituallamento final con auga e froita.
- Servizo de duchas no Polideportivo Municipal a 1Km aprox.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Non había control ningún nos caixóns de saída ou polo menos eu non vin nada.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Jorge Puig Malvar ... 32' 24''
- Hugo García Souto ... 32' 26''
- Fernando Vales Ferreira ... 32' 31''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Eva Piñel Lorenzo ... 36' 15''
- Leticia Barbosa Fernández ... 39' 07''
- Ainoa Gontán Iglesias ... 39' 54''
0 comments