XLV Carreira Pedestre de Santiago

Volvo a unha das clásicas galegas como é a Carreira Pedestre de Santiago xa pola súa 45ª edición. Cun percorrido de 12Km cun par de zonas duras sobre todo Vista Alegre e Vite por atoparse xa na parte final do percorrido e na que será a miña 9ª participación nesta proba.

Os obxectivos serían:

  • Intentar baixar dos 44' que tamén supón correr por debaixo dos 3:40'/km.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 65º de 1986.
  • Posto categoría: 20º
  • Tempo: 43' 47''
  • Ritmo: 3:39 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido recuperou o trazado de sempre. Saída dende Xoán XXIII subindo uns 300m logo xa zona rápida ata unha pequena subida por Concheiros xa polo Km 3. Cruzamos o barrio de San Pedro, a Praza de Galicia e forte baixada na rúa da Rosa xa no Km 5. Tras esa baixada tramo duro subindo Santiago de Chile cara a Praza de Vigo e A Avenida de Rosalia de Castro ata o Km 6. Damos unha volta pola zona do Campus Vida con terreo favorable e unha pequena subida na parte final que nos levaría a outra forte baixada para chegar a rúa Galeras onde estaba o avituallamento. Tras o avituallamento comezamos coa subida de Vista Alegre, pequeno tramo para recuperar e a subir Vite. Tras Vite quedan 2Km moi favorables primeiro por un tramo de asfalto ata que se entra na zona vella ata a Praza do Obradoiro onde está a meta.

Cunha distancia polo reloxo de 12 Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Recollida de dorsais 2 días previos nun centro comercial ou o mesmo día no lugar da meta.
  • Retransmisión en directo da proba.
  • Servizo de gardarroupas no mesmo sitio que as duchas.
  • Caixóns de saída.
  • Avituallamento intermedio con auga.
  • Avituallamento final completo.
  • Moito público, non lembraba que houbese tanto noutras edicións e agradecese moito eses ánimos.
  • Servizo de duchas en dous puntos: no Pavillón Lorenzo da Torre a 750m e no Campo de Fútbol de Santa Isabel a 650m desde a meta.
  • Medalla finisher.
  • Agasallo dunha bolsa, un cuenco e unha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Na premiación pois so dan premio ao 1º de cada categoría en vez de a tres como é habitual. E tampouco hai premios para os equipos pero si para empresas, algo raro tamén...
  • E isto creo que xa é persoal pero no regulamento a información está posta en dúas columnas (creo que é a única carreira que o fai) e a min paréceme que é máis complicado para buscar a información.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Esteban Iglesia Vila ... 36' 58''
  2. Hugo García Souto ... 37' 12''
  3. Pablo Otero Fariña ... 37' 16''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Laura Santos Domínguez ... 42' 08''
  2. Eva Piñel Lorenzo ... 42' 47''
  3. Uxía Pérez Bugarín ... 43' 09''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments