IX CorreSan - Barrio de San Pedro

Última proba do circuíto CorreSan, neste caso polo Barrio de San Pedro sobre unha distancia de 5K dando dúas voltas ao percorrido. Xa participara nesta proba no 2018 pero sobre o chan mollado que era bastante perigoso xa que practicamente todo o percorrido vai sobre empedrado no que é fácil esvarar.

O obxectivo será:
  • Intentar quedar o mellor posible para a clasificación do circuíto xa que antes da 3ª proba ía 6º na categoría pero despois de que actualizaran e se puxeran os participantes que se inscribiron despois da primeira proba estou no 13º posto polo que intentarei facer un top 10.

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 28º de 320
  • Posto categoría: 11º
  • Tempo: 18:02 min.
  • Ritmo: 3:51 min/km
O resultado final do circuíto foi:
  • Posto xeral: 26º
  • Posto categoría: 9º
O obxectivo cumprido xa que conseguín facer o top 10 na categoría a pesar de que saín con moita precaución de non tropezar pero pouco a pouco fun recuperando postos e sentíndome forte durante a proba o que fixo que finalmente conseguise o obxectivo.

O percorrido como dixen foron dúas voltas bastante rompe pernas xa que estas todo o tempo subindo ou baixando co inconveniente de correr sobre empedrado que por sorte estaba seco e non había problemas de esvarar. Finalmente polo reloxo deu unha distancia de 4,7 Km.

En canto a carreira máis ou menos a mesma tónica que nas outras do circuíto xa que falta moita información pre carreira como por exemplo nesta ata que escoitei por megafonía que había duchas non sabía se as había. Os puntos positivos foron os voluntarios que estaban nos cruces, avituallamento final completo e que había duchas.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Agustín Hernández Ulloa ... 15:23
  2. Yago I. García Sainz ... 15:32
  3. Abel Barros González ... 16:06
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Ainoa Gontán Iglesias ... 18:24
  2. Patricie Viadel Turjanicová ... 18:53
  3. Elena Veres Ojea ... 19:27
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments