II Trail Cova da Bruxa

Tiña ganas de facer este trail xa o ano pasado cando se estrenuo pero por calendario non puiden asistir. Este ano puiden participar no II Trail Cova da Bruxa, organizado polo club Serres Runners, con dúas distancias a escoller, anotándome a distancia longa de 22Km e 1100m+ aprox. Este ano tamén participaba neste proba Pablo Villa, atleta profesional do Adidas Terrex, gañador da Transgrancanaria, Salomon Ultra Pirineu, UTMB Mont-Blanc...

O obxectivo sería:
  • Desfrutar e chegar a meta de unha peza xa que estivo chovendo toda a semana e o terreo ía estar "perigoso".

O resultado final foi:
  • Posto xeral: 51º de 130.
  • Posto categoría: 6º
  • Tempo: 2:55:01
  • Ritmo: 8:02 min/km
O obxectivo cumprido aínda que sufrindo máis do que tiña pensado saíume un dos ritmo máis lentos que teño en carreira só superado polo Trail de Vitres (8:55 min/km), Campionato de Trail 2021 (8:28 min/km) que estoupei como unha castaña e o Desafío Vértice (8:09 min/km). Sorprendido tamén co posto por categoría xa que un 6º non está nada mal. 

O percorrido foi bastante esixente dos máis duros que fixen, unha primeira parte moi bonita antes de irnos adentrando no monte e despois houbo un par de subidas moi duras sobre todo a última delas que ademais parecía que non tiña fin. As correspondentes baixadas tamén moi técnicas e se isto non era suficiente a última parte polo río tamén moi técnica ata tivemos que facer rápel para baixar... Aínda así paseino mellor pola zona do río que nas subidas e baixadas polos montes e iso que non se me dá nada ben ir polo rio. Unha mágoa que o día estivese con toda esa néboa porque estou seguro de que nos perdemos unhas incribles vistas polo que tocará repetir para poder desfrutar desta proba ao 100%.

En canto a organización estivo todo moi ben, con dúas distancias a escoller entre 22 e 13 Km e unha andaina de 11 Km ademais de carreiras para os menores. Zona para aparcar os corredores, Servizo de gardarroupas, voluntarios nalgún punto conflitivo, animación coas bruxas pandeireteiras, dous avituallamentos intermedios moi completos, o final igual moi completo, marcaxe do percorrido perfecta, duchas ao carón da meta aínda que aquí hai un punto negativo xa que non había auga quente. Agasallo dunha camiseta técnica e bolsa gym-sack

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Pablo Villa González ... 2:01:46
  2. Roberto Tuñas González ... 2:05:29
  3. Francisco González Varela ... 2:06:10
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Patricia Varela Santiso ... 2:43:12
  2. Carla Trillo ... 2:46:23
  3. María Fabeiro Romero ... 2:49:16
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.

Tamén che pode gustar:

0 comments