XIII Carreira do Cocido
- marzo 05, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou desprazarse ata Lalín onde se ía celebrar a XIII Carreira do Cocido. Proba duns 10Km aprox. con saída dende o Concello e percorrendo o Paseo do Pontiñas e o centro do pobo nun percorrido que non é para facer grandes tempos.
O obxectivo sería:
- Intentar facer a proba nun ritmo de 3:45 min/km aínda que será complicado.
O resultado final foi:
- Posto xeral: 35º de 274
- Posto categoría: 15º
- Tempo: 39:08 min
- Ritmo: 3:58 min/km
O obxectivo non se conseguiu e as sensacións non foron moi boas. Na saída estaba ben e durante parte do paseo as sensacións foron a mellor pero tras facer o xiro para volver cara Lalín xa fun a menos e sentía como as pernas pesadas e non acababa de atopar o ritmo.
En canto a carreira tiñas a opción de dúas distancias: 5 ou 10 Km, opción de recoller o dorsal o día previo ou o propio día da carreira con unha entrega separada por número de dorsal moi áxil, zona para aparcar os corredores, servizo de gardarroupas, voluntarios nos cruces, avituallamento intermedio con auga e avituallamento final moi completo. Duchas a escasos metros da meta e agasallo dunha camiseta técnica que viña nunha bolsa a xogo que tamén incluía unha bebida e unha barrita enerxética.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- José Canda Louzao ... 31:43
- Marcos Oro Vence ... 32:57
- Jesse Corro Roufett ... 33:13
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Iria Campos Trabazo ... 40:08
- Patricia Varela Santiso ... 41:08
- Ana I. Soutullo Paradela ... 42:12
Pd.: Clasificación completa. Moitas grazas por pasarte.
0 comments