Campionato Galego de 5K en ruta 2019 (As Pontes)

Tocou disputar o primeiro dos campionatos galegos ao que me ía enfrontar este ano. Neste caso foi o de 5K que desta vez tiña a súa sede en As Pontes. A priori o percorrido homologado parecía rápido e propicio para facer un bo tempo.

O obxectivo sería:
  • Intentar mellorar a marca que teño na distancia que é de 17:48 min. acadados en Vimianzo 2018.
Tocou madrugar, As Pontes non está aí ao lado e tras 1h30min de camiño cheguei xusto para recoller o dorsal, volver ao coche cambiarme, pasar por cámara de chamadas para confirmar asistencia no campionato e poñerme a quecer uns 15 min. mentres falaba con compañeiros de carreiras de próximos obxectivos. Cando faltaban 5 min para o comezo, fun para o arco de saída e xa había moitos corredores esperando e collendo sitio para saír sen problemas, eu quedeime un pouco atrasado pero mais ou menos estaba no meu sitio. Tras o pistoletazo, deu comezo a proba.

Foto: Lobeiras
A saída foi un pouco caótica, empuxóns, golpes e moita xente cruzándose no medio co perigo que ten, polo que saín con moita precaución de non caer nin tropezar con ninguén e cando se empezou a estirar un pouco o grupo pasado o primeiro xiro (200m.) comecei a marcar o meu ritmo e recuperar os postos que perdín na saída.

O percorrido era practicamente llano polo que tocou dar zapatilla e os ritmos ían estando no obxectivo para mellorar a marca, pero a partir do km 1,5 aprox. comezou a picar lixeiramente cara arriba. Apenas se notaba pero o ritmo era máis lento e non conseguía ir máis rápido, seguía gañando postos pero estábaseme escapando o obxectivo de mellorar o tempo.

O terreo seguiu picando cara arriba ata o km 3,3 aprox. a partir de aí cambiaron as tornas e o terreo ía lixeiramente cara abaixo polo que tocaba recuperar o tempo perdido e apertar todo o que podía. Seguía gañando postos e tiña opcións de conseguir o obxectivo pero non o tiña moi claro.

Último xiro e encaramos a longa recta de meta. Ía con outros dous corredores e din todo o que tiña durante toda a recta.

Foto: Lobeiras
Cando faltaban uns 500 m. un deses corredores comezou a apertar máis eu intentei seguilo e conseguín sacarlle marxe ao outro corredor aínda que a posición era o de menos. Pasei toda a recta mirando o reloxo cada dous por tres sen saber se ía dar chegado por debaixo do tempo e tras esprintar os últimos 100 metros para intentar recortar uns segundos máis, cruzo a meta e ¡¡Obxectivo cumprido!!

Foto: Amigus
O resultado final foi:
  • Posto xeral: 58º de 337.
  • Posto categoría: 14º
  • Tempo: 17:42 min.
  • Ritmo: 3:32 min/km.
O obxectivo cumprido. Conseguín mellorar a miña marca en 6 seg. aínda que pensei que ía facer mellor tempo quedei satisfeito por poder arañar uns segundos sabendo que esta semana tiven unha semana de adestramentos duros aos cales non estou acostumado. Unha mágoa o vento que fixo porque seguro que se podía ir un pouco máis rápido pero contento xa que sigo mellorando pouco a pouco.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Esteban Iglesias Vila ... 15:28
  2. Juán A. Gude Vila ........ 15:31
  3. Simón González Rio ... 15:33
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Paula Mayobre González ... 16:56
  2. Sofía Fernández Castro ...... 18:22
  3. Laura Santos Domínguez ... 18:41
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Lobeiras e Amigus. Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments