V Carreira Solidaria LADESOL

Tras unha semana nova de carga de km nas pernas. Tocou disputar esta proba por primeira vez, algunha vez tiven pensado ir pero sempre me xurdiu outro compromiso e nunca puidera asistir pero este ano aí estaba. Despraceime ata Vilagarcía de Arousa para disputar a V Carreira Solidaria LADESOL sobre unha distancia de 10 Km pero que xa me tiñan avisado de que lle faltaban uns metros e non chegaba aos 10. Todo o recadado na proba irá destinado a Fundación LADESOL das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor

O obxectivo sería:
  • Ningún. A primeira proba que non levo un obxectivo claro xa que dous días antes de disputar esta proba acababa de facer unha tirada de 32 Km e non sabía como ían responder as pernas.
Despertei con tempo de sobra e non levaba moita presa por chegar pero xusto antes de chegar a Vilagarcía alí estaban os "amigos" de tráfico e resulta que me pillara o radar. A verdade é que nin vin o coche camuflado e despisteime un pouco...

Unha vez aparco, vou recoller o dorsal na praza que hai onde o auditorio. Alí xa me vou atopando con compañeiros de equipo e de carreiras. Acabo de cambiarme, poño o dorsal e comezo a quecer. As sensación parecían boas, non notaba as pernas cansadas nin nada estraño polo que todo ía ben.

Chegada a hora da proba, vou para a saída pero aínda faltaba outra carreira por disputarse de outra categoría polo que mentres espero boto un conto co compañeiro e amigo Jorge Carreira que este finde volvía a competición despois de correr 100Km.

Tras un atraso de 15 min. ímonos colocando na saída. Púxenme nunha segunda, terceira fila. Non eramos moitos pero a xente de adiante soe saír moi rápido e eu salgo máis tranquilo e despois a recuperar. Seguía sen saber como ía ir en carreira pero por si acaso aí estaba para poder tirar. Tras varios intentos de saída (a pistola non ía) deu comezo a proba.

Foto: Iñaki Abella
Saín bastante ben aínda que como é normal, perdo algún posto por ir con precaución. Pasados os primeiros 300 m. comezo a marcar o meu ritmo e a adiantar corredores. As pernas ían ben e os ritmos aos que estaba indo no principio eran moi bos tanto que o primeiro km me sae a 3:35 min/km.

Fun gañando postos ata o km 4 a partir de aí xa non fun quen de alcanzar ningún corredor pero por detrás cada vez tiña máis vantaxe. Pasamos por meta (Km 4,35) para completar a primeira das voltas e fíxeno en 15:48 min. que supoñía ir a un ritmo de 3:38 min/km. As pernas ían bastante ben polo que intento seguir igual, sobre todo para conservar ese posto e se daba alcanzado a alguén por diante mellor.

A segunda volta era distinta a primeira xa que nos metemos cara o porto deportivo e un parque que está ao carón para dar unha volta por alí. esta zona de Vilagarcía non a coñecía. Despois xa volvíamos ao percorrido que fixeramos na primeira volta.

Nesta segunda volta vía imposible chegar ao corredor que ía por diante xa que os ritmos que levabamos eran moi parellos e as distancias mantíñanse por detrás cada pouco miraba para comprobar se tiña perigo de perder o posto pero non vía ningún corredor preto polo que aínda que seguía indo rápido comezo a deixarme ir durante o último km satisfeito co rendemento e conformándome co posto acadado.


O resultado final foi:
  • Posto xeral: 11º de 164.
  • Posto categoría: 3º 🏆
  • Tempo: 36:36 min.
  • Ritmo: 3:42 min/km.
O obxectivo que non existía, máis que tirar o que as pernas quixesen. Pola miña parte quedou máis que cumprido xa que conseguín o primeiro podio do ano (espero que non sexa o último) e as sensacións foron moi boas.


En canto a proba completamente chan e rápida. Aínda que eu non son moi partidario de dar voltas esta faise entretida ao ter na segunda volta unha variante. Voluntarios en practicamente todos os xiros que non foron poucos indicando cara onde tiñamos que ir tamén había frechas pintadas no chan para axudar a seguir o percorrido. Avituallamentos intermedios e un final moi completo. O que menos me gustou foi o tema duchas e é algo que tamén pasa no Media Maratón que se disputa alí, quedan escasa xa que só había dúas. Menos mal que eramos poucos.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Abel Barros González ........... 33:47
  2. Vicente Pombal Cortegoso ... 34:48
  3. Óscar Pérez Lourenzo .......... 34:49
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Ángeles Castro ...................... 39:44
  2. Patricia Rodríguez Estévez ... 44:33
  3. Eva de la Fuente Iglesias ....... 44:22
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de: Iñaki Abella (Faro de Vigo) . Moitas gracias.

Tamén che pode gustar:

0 comments