Campionato Galego de 5K en ruta 2021 (Ames)
- setembro 26, 2021
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Primeira carreira "importante" da tempada, xa que como cada ano, un dos obxectivos e ir mellorando as miñas marcas. Para iso tocou desprazarse ata Bertamiráns (Ames) onde se ía celebrar o Campionato Galego de 5K en ruta. Con un percorrido de unha volta a priori rápido e chan.
O obxectivo:
- Mellorar o tempo que teño nesta distancia que é de 17:42 min. acadados en As Pontes 2019
Cheguei cedo e o día estaba bo para correr, boa temperatura, sen vento pero co ceo ameazando choiva. Igual fun pronto de máis xa que tras recoller o dorsal e ver por onde ía estar cámara de chamadas, púxenme a quecer pero aínda faltaba sobre 50 min. para comezar a carreira. Polo que o quecemento foi un trote suave para estirar as pernas e que se foran preparando para sufrir.
Chegada a hora vou indo cara cámara de chamadas e aquelo era un caos. Como había que ensinar a licenza e pasar o control de temperatura ía moi lento e cando tiven que entrar dentro para colocarme na saída tiven que ir correndo porque a miña quenda xa ía saír sen min... Non sei como irían os que saían despois da miña quenda pero non creo que saíran todos a hora prevista.
Foto: SD Barbantia Roda Atletismo |
Arranquei a proba ben, aos poucos metros xa estaba rodando ao ritmo obxectivos e realmente cómodo, incluso podía tirar un pouco máis pero había que gardar forzas. Aos 500m emparéllome con outro corredor e parecía que íamos sincronizados porque levabamos o mesmo ritmo isto axudoume bastante a non perder ritmo e seguir tirando.
Foto: Runners Galicia |
Cada pouco tempo botáballe unha ollada ao reloxo para comprobar que seguía todo segundo o "planificado". Pero o percorrido tíñanos unha sorpresa coa que non contaba, no Km 2,4 atopámonos con un repeito duns 100m que me rompeu o ritmo completamente xa que ata ese punto os dous primeiro saíronme a 3:28 e 3:32 pero neste Km coa subida saíume a 3:39 perdendo o ritmo obxectivo e pensando que xa non ía dar conseguido mellorar o tempo.
Tiven que cambiar o chip e convencerme de que había que intentalo ata o final. Só restaban dous Km e tiña que conseguilo. Comecei a correr sen facerlle moito caso ao reloxo para recuperarlle segundos ao crono, tanto que creo que durante todo o último km ía apertando os dentes como se restasen uns metros. E así finalmente crucei a meta saíndo estes dous últimos km a 3:27.
Foto: RunPhotos Galicia |
O resultados final foi:
- Posto xeral: 68º de 341
- Posto categoría: 15º
- Tempo: 17:33 min.
- Ritmo: 3:31 min/km
O obxectivo cumprido, finalmente conseguín mellorar a miña marca en 9 seg. que nun principio pensei que era máis porque polo reloxo marcoume 17:28 pero o tempo oficial foi ese polo que 9 seg. que melloro e creo que aínda hai marxe de mellora polo menos para baixar dos 17 min. a partir de aí xa vai estar complicado.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Pablo Bocelo Bellas ... 14:57
- Anxo Castro Varela ... 15:01
- Simón González Rio ... 15:07
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Uxía Pérez Buragín ... 17:42
- Tina Fernández Barreiros ... 18:06
- Sandra Mosquera Losada ... 18:14
e RunPhotos Galicia. Moitas grazas.
0 comments