Laredo 10K

Tras as boas sensacións que me deixou a Carreira Camiño das Letras, tocou participar nun dos 10K máis rápidos de España, a Carreira 10K Villa de Laredo. Proba cun 10K homologado e completamente chan idóneo para intentar facer un gran rexistro.


🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 481º de 3100.
  • Posto categoría: 221º
  • Tempo: 35' 53''
  • Ritmo: 3:34 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido completamente chan ao que temos que dar unha volta pequena e logo unha volta mais longa e sen xiros de 180º para chegar a meta nun punto distinto ao estaba a saída.

Cunha distancia polo reloxo de 10,1Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Mesma distancia, dúas opcións para correr. Na primeira carreira para os populares e na segunda carreira para a elite onde tes que acreditar marca para participar.
  • Recollida de dorsais o propio día da carreira.
  • Servizo de gardarroupas no polideportivo.
  • Caixóns de saída.
  • Retransmisión en directo da proba.
  • Avituallamento intermedio con auga.
  • Avituallamento final completo.
  • Duchas no polideportivo a 500m.
  • Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Premios só aos 3 primeiros sen categorías.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Jamal Abdelmaji Eisa Mohamed ... 27' 47''
  2. Emile Cairess ... 27' 49''
  3. Javier Guerra Polo ... 28' 49''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Konztanze Klosterhalfen ... 30' 46''
  2. Carla Gallardo Puertas ... 31' 11''
  3. Cristina Ruiz Fernández ... 32' 41''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments