III Trail Terras de Burón

Primeira carreira obxectivo do ano e tamén será a primeira vez que me enfronte a unha distancia tan longa en trail. Tocou desprazarse ata A Fonsagrada para participar no III Trail Terras de Burón sobre unha distancia de 30K e 1650m+ onde se ía esperar moito barro debido as últimas chuvias e sen un obxectivo claro xa que non sei como responderá o corpo a esta distancia pero intentarei desfrutar e a ver como sae.


🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 62º de 175.
  • Posto categoría: -
  • Tempo: 3h 47' 30''
  • Ritmo: 7:50 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido con saída no centro da Fonsagrada pode dividirse en dous tramos xa que toda a primeira parte a tendencia é a ir baixando ata o Km 18 aprox aínda que tamén hai subidas de agarrarse ao que poidas para subir. E os últimos 10/11 Km practicamente todo o tempo subindo claramente tamén algunha baixada forte como no 21,5 que xa podías levar bo agarre para baixar e dende aí xa a seguir subindo ata meta.

Cunha distancia polo reloxo de 29Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira e guía do corredor con toda a información necesaria.
  • Varias distancias no trail con 40K, 30K ou 18K e andaina de 15K.
  • Localización e entorno moi chulo como dixen un percorrido moi entretido.
  • Varias zonas para aparcar.
  • Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día da proba.
  • Voluntarios ao longo do percorrido e algún importante que aínda tivo que tirar por min para rematar de subir unha pendente.
  • Moi boa marcaxe do percorrido con cintas e marcas no chan.
  • Marcaxe dos segmentos de Strava. Un aliciente máis para seguir apertando e seguir a tope todo o tempo sobre todo para os que nos gusta competir por aí.
  • 5 avituallamentos intermedios, 2 con auga das fontes e 3 completos.
  • Avituallamento final moi completo.
  • Duchas no Polideportivo Municipal a 1K da meta.
  • Agasallo dun lote de produtos da zona (xamón, lomo e chourizo), unha pulseira da carreira, unha pegatina e uns calcetíns.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Nada, para min estivo todo perfecto.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Alexandre Otero Iglesias ... 2h 39' 06''
  2. Rubén Gómez Lamas ... 2h 45' 07''
  3. Rubén Insua Díaz ... 2h 46' 19''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Tamara García Rodríguez ... 3h 33' 32''
  2. Rosa Mª. Araujo Losada ... 3h 36' 36''
  3. María E. Costas Pazos ... 3h 40' 43''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments