II Trail Montes de Rois

Primeira carreira do ano e arrancamos con monte que se non viches o vídeo dos obxectivos para este 2025, vai haber máis monte que nunca. Despraceime ata o Concello de Rois onde se ía celebrar o Trail Montes de Rois xa na súa 2ª edición cun percorrido de 16,7Km e 780m+. Onde se ía esperar moita auga tras as intensas chuvias dos últimos días.


🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 22º de 168.
  • Posto categoría: 7º
  • Tempo: 1h 36' 29''
  • Ritmo: 5:50 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido con saída no Polideportivo de Rois comezaba con 2,5 Km moi rápidos alternando pistas e asfalto ata que comezamos a subir ata o Km 3. Nova zona para correr e baixada rápida con algunha zona máis técnica ata o Km 4,5. Dende aí tramo de moito sendeiro sen moita complicación ata que chegamos a gran subida desta proba. Dende o Km 8 ata 9,2 aprox subida intensa con partes de escalada entre rochas. Agora só quedaban dúas baixadas técnicas e xa terreo apto para correr, cun subida curta polo medio. Polo Km 13,8 volvemos ao percorrido que fixemos ao principio pero agora ao revés xa poñendo rumbo a meta.

Cunha distancia polo reloxo de 16,5Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira e correos de última hora con toda a información necesaria.
  • A maiores do trail tamén hai andaina.
  • Zona para aparcar nas instalacións do colexio.
  • Boa marcaxe do percorrido con cintas e marcas no chan.
  • Avituallamento intermedio completo.
  • Avituallamento final completo.
  • Comida final con callos e cervexa.
  • Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • A pesar de que as duchas están no propio polideportivo había un problema de suministro de auga xa que non tiñan forza e só se podía abrir unha das duchas para que saíra auga normal e o outro problema é que saía fervendo pero fervendo de que metes a man e che queda picando.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Roberto García González ... 1h 18' 34''
  2. Damián González Castro ... 1h 20' 27''
  3. Armando Calvo Ces ... 1h 21' 08''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Claudia Fernández-Couto Álvarez ... 1h 47' 33''
  2. Carla C. Liñares Barreiro ... 1h 51' 53''
  3. Jessica Varela Mella ... 1h 52' 57''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments