San Silvestre de Silleda

Ultimo día do ano polo que hai que participar na tradicional San Silvestre que nesta ocasión estaría en Silleda (aínda que despois estaría en outra). San Silvestre que cambia respecto aos últimos anos onde xa sería un percorrido dunha única volta percorrendo todo Silleda duns 5,5 Km aprox.

O obxectivo:
  • Apertar ao máximo, a ver ata onde daba chegado.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆

  • Posto xeral: 9º de 210.
  • Posto categoría: -º
  • Tempo: 19' 31''
  • Ritmo: 3:36 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido saía dende o Concello e percorrería todo Silleda. Cun circuíto bastante rápido sen apenas subidas onde a máis dura estaría na saída do recinto da Semana Verde porque xa toca na parte final e xa vas pensando en chegar.

Cunha distancia polo reloxo de 5,4Km 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Avituallamento final completo e chocolate quente con churros.
  • Duchas no Polideportivo César González Fares a 400m da meta.
  • Sorteos entre os participantes.
  • Agasallo dun quentador para o pescozo.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Sei de polo menos un dos corredores se equivocou nun punto e eu tamén tiven dúbidas noutro punto polo que igual hai que revisar a marcaxe do percorrido.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Marcos Oro Vence ... 17' 45''
  2. Sergio Requeijo Requeijo ... 18' 45''
  3. Daniel Rodríguez García ... 18' 46''
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Patricia Varela Santiso ... 21' 26''
  2. Tamara García Rodríguez ... 21' 54''
  3. Beatriz Seco González ... 23' 01''
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments