XLVIII Behobia San Sebastián
- novembro 12, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou participar nun das grandes probas de España que todo corredor debería facer algunha vez na vida. Despraceime ata San Sebastián para participar na Behobia - San Sebastián, proba en liña de 20Km cun ambiente espectacular pero un percorrido duro.
O obxectivo sería:
- Simplemente desfrutar xa que non sabía como de duro era o percorrido nin que tempo podía acadar.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 1525º de 25636.
- Posto categoría: 851º
- Tempo: 1:23:33 min.
- Ritmo: 4:11 min/km
O obxectivo non conseguido e iso que só quería desfrutar pero estiven sobre pasado coa carreira: non descansei o suficiente, non comín o habitual, sitio novo, sen saber ben como había que facer ben pre carreira, aglomeracións de xente por todos lados e sobre todo moitos nervios provocaron que non desfrutara e pasoume factura na carreira.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido duro con saída en Behobia na fronteira de Francia. Primeiro Km chan, ata que comezamos a subir para chegar a Irún, onde empeza un sube e baixa con tendencia máis a subir ata o Km 5,5 aprox. onde entramos na autopista e comezamos coa subida ao Alto de Gaintxurizketa de 2Km de subida. Logo baixada cara Errentería pasando polo punto onde estaba O Pirata. Chegamos a Errentería sobre o Km 11. Zona chan e subida duns 300m. coñecida como a Subida a Capuchinos. Baixada cara Pasaia xa polo Km 14 con algunha subida máis e preparándonos para facer a Subida a Miracruz dende o Km 16 ata o 17. Rematada a subida nova baixada cara Gros onde nos espera un falso chan que pica cara arriba e chegamos a Praia de Zurriola dende aí 1 Km para meta todo recto e chan.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Moita e boa información da carreira.
- Recollida de dorsais durante os dous días previos. O mesmo día non se dan porque con tanta xente non darían feito e seguramente íamos esperar ao último momento para recollelo.
- Servizo de gardarroupas.
- Retransmisión en directo da proba.
- Servizo de tren e autobús para chegar a saída.
- Caixóns de saída por tempo acreditado e saída en quendas para evitar moita aglomeración.
- Globos de tempo obxectivo.
- Voluntarios ao longo do percorrido.
- Animación durante a proba en varios puntos ademais de ter ao público animando practicamente en todo o percorrido.
- 7 avituallamentos intermedios, algúns só liquido e outros con sólido.
- Avituallamento final moi completo.
- Zona de fisioterapia.
- Duchas en 5 puntos aínda que creo que o máis habitual e ir ata o hotel polo menos foi o que fixen eu.
- Medalla finisher.
- Agasallo dunha bolsa e dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- No primeiro avituallamento onde había anacos de plátano era un pouco noxento porque estaban en bandexas e ti botabas a man e collías o que podías a diferenza do seguinte no que os voluntarios che tiñan un anaco del na man para que non tiveras que meter a man e andar tocando todo.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Chakib Lachgar ... 59:56
- Zakariya El Boubekraoui ... 1:01:28
- Nan Oliveras ... 1:02:00
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Laura Rodríguez ... 1:14:22
- Sara Villasante ... 1:14:28
- Pilar Fernández ... 1:14:47
0 comments