XLII Carreira Popular de Negreira

Tocou regresar a Carreira Popular de Negreira despois de 5 anos sen ir xa que o ano pasado si que estaba inscrito para ir pero fun baixa por enfermidade. Cun de percorrido homologado ao que tería que dar dúas voltas para completar unha distancia de 10Km. 

O obxectivo sería:
  • Intentar mellorar o mellor tempo que teño na distancia de 35:50 min. acadados no 2018 senón pois baixar dos 37:00 min. sería suficiente.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 52º de 327.
  • Posto categoría: 15º
  • Tempo: 37:58 min.
  • Ritmo: 3:45 min/km
O obxectivo non conseguido, arranquei con ganas pese a non atoparme con boas sensacións pasando os primeiros 5Km en 18:37 min. Despois na segunda volta xa fun en decadencia e os ritmos xa non saían facendo esta volta en 19:21 min. Así foi como me quedei a 58 segundos de baixar dos 37 minutos e moi lonxe do meu mellor tempo.

🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido duro para ser unha distancia homologada, saída con tendencia a ir subindo ata o Km 1,5, logo tramo rápido en baixada ata chegar ao polígono. Aí damos a volta cun xiro que che rompe o ritmo e poñemos rumbo de novo ao centro de Negreira que para chegar temos unha nova subida. Rematada esa subida xa polo centro de Negreira ata meta zona moi rápida e a comezar coa segunda volta.

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información de carreira.
  • Opción de participar en 5K ou 10K ambos homologados.
  • Recollida de dorsais os día anterior ou o mesmo día.
  • Servizo de gardarroupas.
  • Caixóns de saída por tempo.
  • Globos de tempo obxectivo.
  • Voluntarios ao longo do percorrido.
  • Avituallamento intermedio nas dúas voltas.
  • Avituallamento final completo.
  • Zona de fisioterapia.
  • Agasallo dunha bolsa e dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • O que dixen do percorrido que é bastante duro para ser homologado e buscar un gran tempo.
  • Duchas lonxe xa que estaban nun polideportivo sobre o Km 2 do percorrido.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Wanjiru Peter Kariuki ... 29:26
  2. Mohamed el Ghazouany ... 29:49
  3. Abderrahim Ougra ... 30:21
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Maurine Toroitich ... 33:52
  2. Nouhaila el Gazouir ... 35:00
  3. Kaoutar Boulaid ... 35:51
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments