XLIV Carreira Pedestre de Santiago

Outro ano máis nunha das clásicas de Galicia como o é a Carreira Pedestre de Santiago xa na súa 44ª edición. Percorrido de 12Km coa mítica subida de Vite. Este ano houbo modificación no trazado debido a unhas obras pero quitando iso sería o mesmo percorrido. 

O obxectivo sería:
  • Desfrutar debido a climatoloxía que ía haber.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 136º de 1880.
  • Posto categoría: 42º
  • Tempo: 46:50 min.
  • Ritmo: 3:52 min/km
O obxectivo máis ou menos, nos primeiro Km's non ía nada cómodo e con malas sensación pero pouco a pouco funme atopando mellor. Toda a proba sen forzar e deixándome ir xa que o chan ao estar mollado estaba bastante esvaradío e houbo bastante caídas nos xiros e sobre todo se pisabas as liñas brancas da estrada algo que fun evitando toda a proba.

🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido comezaba en subida dende Xoán XXIII ata San Caetano onde o terreo se volvía favorable. Así sería ata a o Km 3 onde tiñamos unha pequena subida en Concheiros e volta a baixar por terreo moi favorable ata o Km 5,3 onde volvemos a subir por Santiago de Chile ata a Avenida da Coruña polo Km 6,1. Damos unha volta polo Campus Vida e xa encaramos a rúa Galeras. Tras Galeras subimos un pouco, leve descanso e comezamos a subida de Vite. Xa no Km 10 veu o cambio no percorrido por obras, baixamos un pouco Xoán XXIII e damos un pequeno rodeo para saír de novo ao percorrido de sempre e xa só queda 1Km percorrendo a zona vella ata chegar a Praza do Obradoiro onde estaba a meta.

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Recollida de dorsais 2 días antes e o mesmo día
  • Streaming da proba.
  • Servizo de gardarroupas.
  • Caixóns de saída por tempo.
  • Voluntarios ao longo do percorrido aínda que creo que debía haber un pouco máis de control na zona vella.
  • Avituallamento intermedio con auga.
  • Avituallamento final completo.
  • Servizo de duchas.
  • Medalla finisher.
  • Agasallo dunha bolsa e unha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Foi algo que non entendín que houbese premios para as empresas e non para equipos.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Mehdi El Nabaoui ... 36:58
  2. Esteban Iglesia Vila ... 36:59
  3. David Mendoza Sánchez ... 37:21
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Laura Santos Domínguez ... 41:24
  2. Nouhaila El Gazouir ... 42:05
  3. Rafaela Fonseca ... 42:35
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments