XIII Carreira Reto Pinga Pinga
- outubro 07, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tocou regresar a unha proba que sempre que poida estarei por alí xa que está organizada polo primeiro equipo no que estiven e sempre é un pracer volver a ver os antigos compañeiros de equipo. Despraceime ata Marín, concretamente ata San Tomé de Piñeiro onde se celebraba a XIII Carreira Reto Pinga Pinga dando tres volta ao percorrido ata completar unha distancia de 7,5Km.
Nesta proba cada ano homenaxean a alguén e nesta edición foi ao triatleta, Javier Gómez Noya. 5 veces campión do mundo, subcampión olímpico, 4 veces campión de Europa...
O obxectivo sería:
- Intentar mellorar o tempo que teño nesta proba que é de 29:56 min. acadados no 2018.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 24º de 122.
- Posto categoría: 9º
- Tempo: 31:14 min.
- Ritmo: 3:57 min/km
O obxectivo non conseguido. Moita calor e malas sensacións dende o comezo que non melloraron en ningún momento. Ía coa sensación de estar canso e as pernas non respondían non sei se foi a alta temperatura que facía, preto de 30ºC ou outro motivo pero non foi un bo día para min.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido igual que os últimos anos, saída dende o campo de fútbol. Damos unha volta e saímos para comezar a subir o que é a subida máis dura ata a fonte Pinga Pinga, leve descanso e subimos outra vez pero unha pendente máis fácil. Chegamos a un falso chan ata que comezamos a baixar sen descanso case ata o campo de fútbol xa que para chegar a el hai que volver a subir unha pendente dura. Xa no campo de fútbol, entrábamos para dar un volta e comezar a seguinte volta das tres que había que facer.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Ademais da carreira tamén había unha andaina.
- Doación de 1€ da inscrición para a Asociación Española Contra o Cancro.
- Voluntarios nos cruces.
- Avituallamento intermedio con auga en todas as voltas.
- Avituallamento final moi completo e nunha bolsa individual para cada corredor.
- Duchas ao carón da meta.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Houbo cambios na zona para aparcar e tivemos que deixar o coche máis lonxe.
- Como consecuencia dese cambio, ao aparcar máis lonxe non viña mal poñer un gardarroupas.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Bouchaib Nasr ... 25:23
- Manuel Lorenzo López ... 25:32
- David de la Fuente ... 26:32
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Nouhaila el Gazouir ... 28:17
- Branca Fernández Lago ... 32:51
- Mª Aurora González Fernández ... 34:09
0 comments