XL Carreira Popular da Amaia
- outubro 01, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Tras competir o día anterior na Carreira Popular de Santa Uxía de Ribeira, tocou desprazarse ata Brión para participar na Carreira Popular da Amaia, proba na que o club no que actualmente estou colabora na súa organización. Cun percorrido duro de 2 voltas e unha distancia total de 10Km.
O obxectivo sería:
- Intentar quedar o mellor posible para a clasificación por equipos.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 22º de 166.
- Posto categoría: 4º
- Tempo: 37:22 min.
- Ritmo: 3:48 min/km
O obxectivo conseguido xa que conseguimos un novo podio por equipos sendo os 2º a tan só 4 puntos dos primeiros clasificados. As sensación non foron moi boas xa que pensaba que ía estaba ben pero cando me puxen a quentar xa notei as pernas cansas e pesadas pero había que tirar igual para puntuar ben para o equipo. Na segunda volta cando intentaba dar caza ao grupo de tres corredores que levaba por adiante, dous deles do Compostela que era aos que quería adiantar para a clasificación de equipos. Había outro corredor de negro que resultou ser o 3º senior polo que me quedei a 5 seg. do podio na categoría.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido mantíñase igual que o ano pasado, dúas voltas moi duras onde estás todo o tempo subindo ou baixando, non hai practicamente ningunha zona chan. A parte máis dura para min é a subida ao Santuario de Santa Minia e a continuación a forte baixada de case 1Km que che carga moito as pernas.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa zona para aparcar preto
- Voluntarios nos cruces.
- Avituallamento intermedio con auga.
- Servizo de duchas.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Houbo un atraso de 10 min. para comezar a proba.
- Avituallamento final só con auga.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Hugo García Souto ... 31:31
- Jorge Puig Malvar ... 31:32
- Manuel Lorenzo López ... 31:53
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Natalia Castro Santos ... 36:18
- Mónica Nieves Fernández ... 38:14
- Tina Fernández ... 38:25
0 comments