XXIV Carreira Popular Santa Uxía de Ribeira

Pois vamos a pola segunda proba do Circuíto Barbanza Arousa e non é outra que a Carreira Popular Concello de Santa Uxía de Ribeira xa na súa 24ª edición. Percorrido de dúas voltas ata completar unha distancia de 10Km practicamente chans polo que un bo sitio para probarse nesta distancia.

O obxectivo sería:
  • Intentar acabar nos 36 min. pero sendo realista con 37 min ou 38 min. xa estaría satisfeito.
  • Quedar o mellor posible para a clasificación do circuíto.

🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 27º de 226.
  • Posto categoría: 7º
  • Tempo: 36:57 min.
  • Ritmo: 3:39 min/km
O obxectivo conseguido xa que non pensaba que fose capaz de acabar nos 36 min. e creo que se non chega a ser pola calor que estaba facendo (preto dos 30ºC) pois igual a segunda volta na que me vin abaixo igual podía aguantar máis e o tempo sería mellor de todas formas moi satisfeito co resultado obtido.

🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido modificou o lugar da saída xa que estaba ocupado por unha concentración de motos. Saída dende a altura do Mercado Municipal de Ribeira e rumbo ao arco de meta para comezar coas dúas voltas. Cambio de dirección e rumbo a paseo do Coroso onde estaba o outro cambio de dirección. Polo medio só unha pequena subida que na segunda volta parece que se volve máis longa.

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Voluntarios ao longo do percorrido que tiveron traballo extra xa que pola parte do paseo do Coroso había concentración de motos e había moita xente cruzando por alí.
  • Avituallamento intermedio con auga.
  • Avituallamento final completo.
  • Dúas zonas de duchas, algo lonxe e unha delas non sei se estaba operativa porque quedaba por onde estaba a concentración de motos.
  • Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Houbo un pouco de confusión polo cambio de lugar de saída que ninguén sabía onde era exactamente xa que non había ningún arco nin marca que o indicara.
  • 15 días despois segue sen haber clasificación do circuíto...
  • Outro punto foi a coincidencia coa concentración de motos xa que non creo que beneficiase nin a concentración nin a carreira.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Alejandro Fernández Rivera ... 30:55
  2. Hugo García Souto ... 31:49
  3. Bouchaib Nasr ... 32:00
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Laura Santos Domínguez ... 34:34
  2. Nouhaila El Gazouir ... 35:10
  3. Tina Fernández Barreiros ... 38:20
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments