VII Carreira Invasión Celeste
- setembro 24, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Regreso a cidade olívica para participar nunha proba que fixera no 2016, a Invasión Celeste. Proba que muda de percorrido para saír dende A SEDE do Celta de Vigo e rematar no interior do Estadio de Balaídos cunha distancia de 8Km.
O obxectivo sería:
- Intentar seguir coas boas sensacións das últimas carreiras.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 6º de 420.
- Posto categoría: 2º
- Tempo: 29:21 min.
- Ritmo: 3:38 min/km
O obxectivo conseguido e novo podio. Ata o Km 5 fun pelexando por ser 3º absoluto pero o alto ritmo dos primeiros km's fixo que nese punto xa estivera en reserva e non puiden aguantar máis, perdendo varios postos ata ese 6º lugar.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido cambiou e agora saíuse dende A SEDE do Celta, deuse unha volta polo Casco Vello onde había unhas boas subidas e xa poñemos rumbo a Balaídos. Pasamos por Praza América e chegamos ao estadio onde seguimos para dar unha volta pola senda do Lagares. Regresamos para rodear o exterior do estadio e chegamos a meta no interior.
Gustoume o cambio do percorrido xa que desta maneira pasamos por máis puntos de interese e non só polos arredores de Balaídos.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Recollida de dorsais durante 2 días previos ou o mesmo día.
- Servizo de gardarroupas.
- Voluntarios ao longo do percorrido.
- Avituallamento final completo.
- Duchas no propio estadio.
- Agasallo dunha bolsa e dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- A carreira era solidaria a medias, xa que polo que entendín, igual estou equivocado pero da inscrición non ía nada destinado a Bicos de Papel e só se ti doabas a maiores entón o patrocinador principal Profand doaba 1€ máis. Polo que se ti non doabas nada a proba non é solidaria. Creo que dos 10€ ou 14€ que custaba a inscrición xa se podía destinar unha parte ou integramente a causa.
- A información da carreira xa que na mesma semana cambiaron horarios e lugar de saída. De feito o mesmo día mentres se recollían dorsais algún corredor non sabía deste cambio. Eu tiven sorte e non conseguín coller billete de tren porque senón non ía poder correr.
- Mellorar a marcaxe en Praza América. Cando cheguei non sabía cara onde ir se rodear a praza ou ir polo medio xa que o voluntario esta do outro lado da praza.
- Non había avituallamento intermedio, aínda que eu non collería creo que poñer unhas botellas de auga ao primeiro paso polo estadio de Balaídos estaría ben.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Sergio García Rodríguez ... 28:14
- Sergio Iglesias Alonso ... 28:34
- Marcos Groba Bargiela ... 28:53
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Rocio Rodríguez Oliveira ... 34:33
- Noelia Rivera Vázquez ... 36:59
- Alina Tokarenko ... 37:04
0 comments