III Carreira Invasión Celeste

Día festivo, polo que tocou buscar unha carreira a que ir e seguir sumando km's, despois de que un amigo me informara dunha proba en Vigo decidín ir ata alí para disputar a III Carreira Invasión Celeste sobre unha distancia de 6,7 Km e organizada pola Fundación Celta de Vigo. 
Chegaba cos obxectivos de recuperar as boas sensacións e desfrutar da carreira xa que, ía ser a primeira vez que disputaba esta proba e ademais que ía correr polas calles de Vigo. 
Unha vez cheguei a Vigo, fun para dentro do estadio de Balaídos onde se facía a entrega de dorsais máis era onde estaba situada a saída e a meta. 
Tras ver as carreiras das categorías inferiores, estiven esperando a que chegara o amigo que me tiña o dorsal xa que o recollera o día anterior. 
Case todo listo para arrancar xa que, cando me acabei de preparar xa era hora de poñerse na saída e non tiven tempo de quecer, ademais un compañeiro advirtírame que se quería facer boa carreira había que saír adiante senón era complicado gañar postos. 


Tras darse o inicio arranco tranquilo e como non me dera tempo a quecer antes da carreira no primeiro km perdo algunhas posicións xa que me estaba custando coller ritmo de competición. 
A partir do km 1 empezo cunha remontada na que pouco a pouco ía gañando postos e que cada vez me sentía máis cómodo correndo, ademais as sensacións que tiña era de ir bastante rápido. 


Tras abandonar o tramo polo Parque de Castrelos intentei ir un pouco máis rápido xa que as sensacións acompañaban e o publico animaba a intentalo, ademais a partir de aí o terreo era favorable. 


Tras acabar a recta que está por Citroën, tocaba volver cara o Estadio de Balaídos e posiblemente este tramo sería o máis complicado porque a pesar de que practicamente era llano tiña un constante pero leve sube e baixa, que facía gastar máis forzas nas pernas, ademais o terreo era de “terra” e se perdía algo de tracción. Por esa zona xa non conseguín alcanzar a ninguén e xa ía controlando aos perseguidores para que non me deran caza xa que só restaba un km para a meta. 
Saíndo dese tramo e volvendo ao asfalto mirei cara atrás para ver a distancia que tiña cos perseguidores e aínda que había unha distancia boa, por seguridade para conservar posición volvín apertar un pouco e na recta de meta un pequeno sprint sen ir a tope e rematar cómodamente. 


O resultado final foi: 
  • Posición xeral: 25º de 832.
  • Posición categoría: 8º.
  • Tempo: 23:06 minutos.
  • Ritmo: 3:27 min/km

Os obxectivos cumpridos xa que, a pesar de non quecer antes da proba tiven un bo rendemento e recuperando as boas sensacións, ademais acadando un bo posto co que non contaba xa que pensaba que ía acabar máis atrás. O ritmo por km moi bo se é real aínda que dubido, xa que cando estabamos nas duchas había comentarios de que a distancia non era a marcada polo que xa non sería tan bo o ritmo.
En canto a carreira, moi ben organizada, xente nos cruces marcando o camiño, moito público animando, camiseta Adidas de recordo e o avituallamento final moi completo. As duchas situadas nos antigos vestiarios do Celta moi ben, aínda que había auga fría a sensación de saír polo túnel de vestiarios impresiona. O peor o prezo pero cada un é libre de anotarse ou non. O que non sei é se volver repetir, non pola proba que me gustou, senón polo desprazamento que teño que facer pero bueno de aquí a un ano xa se verá!

Clasificación xeral homes:
  1. Gonzalo Basconcelo Araujo ................. 20:05
  2. Gustavo Caballero Iglesias ................... 20:26
  3. Rubén Pereira Cardalda ........................ 20:37
Clasificación xeral mulleres:
  1. Ester Navarrete Santana ........................ 22:27
  2. Cristina Estévez Crespo ........................ 26:46
  3. Begoña Arránz González ...................... 27:45
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Rebeca Crespo e Cazafantasmas Team. Moitas Grazas!!

Tamén che pode gustar:

0 comments