IV Carreira Popular da Richada

Despois de participar antonte na III Invasión Celeste, hoxe foi o quenda de desprazarme ata Forcarei onde se ía celebrar a IV Carreira Popular da Richada sobre unha distancia de 7,5 km aprox.
Chegaba cos obxectivos de seguir coas boas sensacións da carreira anterior, desfrutar da carreira e do ambiente e desta vez non podería intentar mellorar o tempo do ano pasado xa que cambia unha zona do circuíto e teríamos que facer 1 volta pequena e 3 grandes.
Unha vez cheguei a Forcarei, fun recoller o dorsal e logo me puxen a quecer porque xa comezaba a facer bastante frío.
Colócome na saída bastante adiante coa idea de facer unha boa carreira e seguir co bo ritmo que parece que está volvendo nestas últimas carreiras do ano. 


Tras darse a saída arranco rápido pero conservador xa que a carreira aínda que o novo circuíto é máis fácil ir rápido todo o tempo podíame pasar factura polo que no primeiro km vou perdendo algunha posición sen darlle moita importancia. Rematada a volta pequena fágoa nun tempo de 4:57 minutos pasando no posto 30º.


Agora tocaba facer as tres voltas grandes e comezo a ir máis rápido e a gañar posicións, intentando sempre coller ao corredor que levo por diante e seguir tirando, así a primeira destas voltas fágoa en 7:31 minutos e pasando no posto 21º. 


A segunda volta xa comezo a notar o cansancio da carreira de fai dous días pero sigo tirando xa que de momento daba continuado con ese ritmo aínda que pouco a pouco ía notando que as pernas comezaban a protestar e esta segunda volta fágoa en 7:38 min, pasando no posto 24º polo que o cansancio se comezaba a notar e xa estaba indo a menos. A última volta dividina en dous tramos, na primeira parte intentei recuperarme un pouco e levar un ritmo máis estable e no último km comecei a ir rápido de novo para recuperar algunha posición que perdera na primeira parte e acabar forte e controlando de que non me adiantase ninguén na recta final, facendo a última volta en 7:44 minutos polo que o cansancio xa era evidente.


O resultado final foi:
  • Posición xeral: 24º de 128.
  • Posición categoría: 11º.
  • Tempo: 27:50 minutos.
  • Ritmo: 3:42 min/km.
Os obxectivos, cumpridos xa que as sensacións durante a carreira foron perfectas a pesar de que na última volta xa ía desfondando pero foi debido a dobrar carreira e practicamente no mesmo tempo que o ano pasado cando posiblemente estivera no meu mellor estado polo que acabei moi contento e sobre todo moi forte moralmente para seguir adestrando forte e buscar os obxectivos de 2017.
En canto a carreira, moi ben todo, organización e voluntarios nos cruces, o circuíto ben marcado incluso auga quente nas duchas que o ano pasado tiñas que soprar para poder entrar do fría que estaba. 
Para o ano intentaremos volver e mellorar o tempo desta proba.

Clasificación xeral homes:
  1. Akka Essaadaoui ........................... 24:28
  2. Victor Riobo Villanueva ................ 24:33
  3. Luis Iglesias Raña ......................... 24:48
Clasificación xeral mulleres:
  1. Paula Mayobre Gonzalez .............. 27:03
  2. Rocío Alvite Ferreiro .................... 27:51
  3. Beatríz Fernández Dobarro ........... 28:36

Tamén che pode gustar:

0 comments