V Sin Son 10K

Última carreira antes do parón navideño e de cerrar o ano coa San Silvestre. Tocou desprazarse ata Porto do Son onde se ía celebrar a V Carreira Sin-Son 10K sobre unha distancia de 10 km aprox. e este ano como atractivo estaba a participación de Martín Fiz

O circuíto sería o mesmo que os últimos anos polo que teríamos que dar un pequeno rodeo ao porto de Portosín e logo cubrir a distancia que une Portosín con Porto do Son. 

Chegaba cos obxectivos de seguir coas boas sensacións das últimas carreiras onde cada vez me vou atopando mellor, desfrutar da carreira e do ambiente e intentar mellorar o tempo de fai dous anos (36:32 min.) xa que o ano pasado non fun capaz de logralo. 

Unha vez cheguei a Porto do Son e baixei do coche, xa vin que hoxe había que ir rápido, non porque me atopara ben senón polo frío que estaba a facer! 
Como o dorsal xa o tiña recollido días antes na tenda de Pedro Nimo en Santiago de Compostela, fun para o autobús que nos levaría a Portosín coa sorte de que coincidín con compañeiros de equipo e fun con eles, mentres ían tomar o café e facer tempo para cambiarse e poñerse a quecer. 

Chegado o momento, media hora antes porque o gardarroupas ía cerrar cámbiome e rapidamente me poño a quecer porque estaba a facer moito frío.

Tras ser chamados para a saída, colócome coma sempre bastante adiante para non molestar moito as gacelas. Polo que me quedo a altura do globo de 40' que co aire me batía seguido na cabeza... 

O encargado de dar o pistoletazo de saída sería o gran David Vidal e eu intentaría facer unha boa saída para coller rápido o ritmo e evitar as aglomeracións que se dan na zona do porto. 


Arranca a carreira e teño unha mala saída, non atopa sitio por onde avanzar e apiques estiveron de tirarme e ao globo de 40' tamén polo que a zona do porto a tomei con máis calma e me quedei detrás do globo, embotellado sen dar gañado posicións ata completar a volta e volver encarar a saída que foi cando comecei a gañar postos e a impoñer o meu ritmo. 
Durante a volta que se da en Portosín foi onde máis postos gañei e como de momento estaba fresco e con forzas, impuxen un ritmo forte para seguir avanzando xa que as sensacións que tiña eran moi boas. 
Así fun tirando todo o tempo e non sentía que as forzas foran a menos e os corredores que ía adiantando se ían poñendo detrás miña para seguir o meu ritmo.
No paso polo km 5 onde estaba situado o control de paso marco un tempo de 18:33 min que equivale un ritmo de 3:43 min/km e pasando no posto 53º. 

Seguíame atopando moi ben pero notaba que os que viñan por detrás comezaban a pasarme e como se de ataques ciclistas se tratara, a cada un que quería adiantarme saía eu detrás del para collerlle o ritmo, algo que non estou acostumado a facer pero como me atopaba ben, intentei facer esa estratexia a ver ata onde daba aguantado. 
Xusto antes da zona máis dura onde tiñamos unha zona de subida constante, lanzo un ataque para gañar algo de distancia cos perseguidores porque sabía que se seguía no grupo, na costa me ían pasar todos. 


Tras subir con máis sufrimento do esperado e perder algunha posición intento recuperar o máis pronto posible, aínda que non son capaz e comezo a perder posicións xa que cando intento manter o ritmo dos corredores que me estaban a pasar comezaba a notar dor na zona abdominal, como se me quixese dar flato debido ao esforzo que estaba a realizar. 


Tardo sobre un km en recuperarme de todo e xa restaban menos de un km para chegar a meta polo que intento dar o que me quedaba nas pernas e encarando a meta lanzo un sprint para recortar algo de tempo e gañar dúas posicións antes de chegar a meta, un deles resultou ser Yayo Daporta
Estes últimos 5 km fágoos en 18:04 minutos que equivale un ritmo de 3:37 min/km, máis rápido que os primeiros 5 km polo que a carreira de menos a máis a pesar de que os 2 últimos km ía fundido de todo.


O resultado final foi: 
  • Posición xeral: 50º de 1445.
  • Posición categoría: 18º.
  • Tempo: 36:40 minutos.
  • Ritmo: 3:39 min/km.
Os obxectivos, a pesar de quedarme a 8 segundos de igualar a mellor marca nesta carreira dounos por cumpridos porque non esperar render tan ben e quedarme tan cerca da marca, ademais as sensacións durante a carreira foron moi boas e desfrutei moito coa estratexia seguida, dándome a sensación de pelotón de ciclismo, sendo eu o líder e saíndo a todos os ataques para que non se escapasen.

Como anécdota, ao rematar a carreira veume un dos corredores e chamou por min, eu queime sorprendido porque non sabía quen era e resultou que me coñecía polo blog, algo que me alegrou xa que polo menos sei que hai xente que o lee. 😁

En canto a carreira, organización case perfecta porque houbo un problema coas bolsas do corredor e houbo un grupo de xente (eu un deles) que non sabía onde había que recollela e pensando que se daba ao final como sería o normal e como fixeron o ano pasado pois desta vez había que recollela en Portosín e tivemos que estar esperando a que abriran a estrada para que as puidesen traer a Porto do Son e recollela. Algo que se solucionaría dando a bolsa do corredor ao recoller o dorsal porque desta maneira non ten sentido recoller o dorsal anticipado se recollendo o día da carreira xa che dan o dorsal e a bolsa.
Polo resto para min todo ben, o tema das duchas que podería ser outro tema a arranxar pero pasa como en todas as probas, moita xente e poucas duchas e a auga cada vez mais fría. 😱

Para o ano intentaremos ser da partida para baixar esa marca a ver se é verdade que a terceira vai a vencida!! 💪

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Manuel Penas Blanco ........................ 30:20
  2. David Santos Dominguez .................. 30:29
  3. Pedro Nimo Del Oro ......................... 30:37
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Esther Navarrete Santana .................. 35:34
  2. Paula Mayobre Gonzalez .................. 35:35
  3. Rocio Alvite Ferreiro ........................ 36:44
PD: Clasificación completa. Fotos cortesía de Andrea Carleos, RunPhotos Galicia. Moitas Grazas!! 👏👏

Tamén che pode gustar:

0 comments