II San Silvestre de Silleda

Acabase o ano e para despedilo hai que correr as tradicionais San Silvestre e para iso desprázome ata Silleda onde se ía celebrar a II San Silvestre Silleda sobre unha distancia de 5 km aprox. O circuíto sería o mesmo que o do ano pasado polo que teríamos que dar 5 voltas de 1 km.

Os obxectivos de seguir coas boas sensacións das últimas carreiras, desfrutar da carreira e do ambiente festivo e intentar chegar ao podio xa que o ano pasado conseguira ser segundo.

Unha vez cheguei a Silleda funme inscribir xa que a inscrición se facía unha hora antes da carreira e totalmente gratis. Chegado o momento voume cambiar e poñer o “🎅 novo traxe 🎅” co que ía correr e póñome a quecer cun amigo. Uns minuto antes de darse a saída ao meu amigo acórdalle que necesita uns imperdibles para o dorsal xa que se lle despegaba a pegatina, polo que imos nunha carreira ata o coche e chegamos xusto para a saída. 


A táctica a seguir sería intentar aguantar o ritmo da xente de cabeza porque durante a inscrición xa vin que este ano as opcións de podio ían estar moi complicadas xa que había xente moi rápida. 
Dáse a saída e arranco tranquilo xa que a saída era conxunta e tamén estaban os rapaces correndo polo que había que ir con precaución nos primeiros metros.


Tras a primeira das voltas formase un grupo cos “favoritos” a gañar a carreira no que intento aguantarlles o ritmo.


Na segunda volta xa me empeza a custar seguir o ritmo de cabeza e intento manter o ritmo e quedarme detras do grupo intentando seguilos.


A partir da terceira volta xa me quedo totalmente só polo que me vou quedando atrasado e sen ser capaz de alcanzar a ninguén.


Como por detrás non viña ninguén decido ir máis tranquilo e acabar as voltas que me quedaban máis cómodo, xa pensando en que a tarde tocaba facer a San Silvestre de Santiago e había que reservar algo de forzas.



O resultado final foi:
Posición xeral: 6º.
Posición categoría: 6º.
Tempo: --:-- minutos.
Ritmo: -:-- min/km.
*Ao non levar chip, nin eu reloxo non sei o tempo nin o ritmo que fixen en carreira.

Os obxectivos, non os cumprín xa que non logrei chegar ao podio pero antes de comezar a carreira xa sabía que ía estar complicado polo que ao final acabei contento e con ganas de correr pola tarde e seguir desfrutando das San Silvestres que sobretodo son carreiras para desfrutar.

🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Cristian Diaz
  2. José Canda
  3. Sergio Requeijo
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Veronica Mon
  2. Maite Couto
  3. Zaida Quinteiro

PD: Fotos cortesía do Concello de Silleda, Sé Senande e Esteban BenRei. Moitas Grazas!! 👏👏

Tamén che pode gustar:

0 comments