III Carreira Invasión Celeste
- decembro 08, 2016
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Día
festivo, polo que tocou buscar unha carreira a que ir e seguir
sumando km's, despois de que un amigo me informara dunha proba en
Vigo decidín ir ata alí para disputar a III Carreira Invasión
Celeste sobre unha distancia de 6,7 Km e organizada pola Fundación
Celta de Vigo.
Chegaba cos obxectivos de recuperar as boas sensacións
e desfrutar da carreira xa que, ía ser a primeira vez que disputaba
esta proba e ademais que ía correr polas calles de Vigo.
Unha vez
cheguei a Vigo, fun para dentro do estadio de Balaídos onde se facía
a entrega de dorsais máis era onde estaba situada a saída e a meta.
Tras ver as carreiras das categorías inferiores, estiven esperando a
que chegara o amigo que me tiña o dorsal xa que o recollera o día
anterior.
Case todo listo para arrancar xa que, cando me acabei de
preparar xa era hora de poñerse na saída e non tiven tempo de
quecer, ademais un compañeiro advirtírame que se quería facer boa
carreira había que saír adiante senón era complicado gañar
postos.
Tras darse o inicio arranco
tranquilo e como non me dera tempo a quecer antes da carreira no
primeiro km perdo algunhas posicións xa que me estaba custando coller
ritmo de competición.
A partir do km 1 empezo cunha remontada na que
pouco a pouco ía gañando postos e que cada vez me sentía máis
cómodo correndo, ademais as sensacións que tiña era de ir bastante
rápido.
Tras abandonar o tramo polo Parque de Castrelos intentei ir
un pouco máis rápido xa que as sensacións acompañaban e o publico
animaba a intentalo, ademais a partir de aí o terreo era favorable.
Tras acabar a recta que está por Citroën, tocaba volver cara o
Estadio de Balaídos e posiblemente este tramo sería o máis
complicado porque a pesar de que practicamente era llano tiña un
constante pero leve sube e baixa, que facía gastar máis forzas nas
pernas, ademais o terreo era de “terra” e se perdía algo de
tracción. Por esa zona xa non conseguín alcanzar a ninguén e xa
ía controlando aos perseguidores para que non me deran caza xa que
só restaba un km para a meta.
Saíndo dese tramo e volvendo ao
asfalto mirei cara atrás para ver a distancia que tiña cos
perseguidores e aínda que había unha distancia boa, por seguridade para
conservar posición volvín apertar un pouco e na recta de meta un
pequeno sprint sen ir a tope e rematar cómodamente.
O
resultado final foi:
- Posición xeral: 25º de 832.
- Posición categoría: 8º.
- Tempo: 23:06 minutos.
- Ritmo: 3:27 min/km
Os
obxectivos cumpridos xa que, a pesar de non quecer antes da proba
tiven un bo rendemento e recuperando as boas sensacións, ademais
acadando un bo posto co que non contaba xa que pensaba que ía acabar
máis atrás. O ritmo por km moi bo se é real aínda que dubido, xa
que cando estabamos nas duchas había comentarios de que a distancia
non era a marcada polo que xa non sería tan bo o ritmo.
En
canto a carreira, moi ben organizada, xente nos cruces marcando o
camiño, moito público animando, camiseta Adidas de recordo e o
avituallamento final moi completo. As duchas situadas nos antigos
vestiarios do Celta moi ben, aínda que había auga fría a sensación de saír
polo túnel de vestiarios impresiona. O peor o prezo pero cada un é
libre de anotarse ou non. O que non sei é se volver repetir, non
pola proba que me gustou, senón polo desprazamento que teño que
facer pero bueno de aquí a un ano xa se verá!
Clasificación xeral homes:
- Gonzalo Basconcelo Araujo ................. 20:05
- Gustavo Caballero Iglesias ................... 20:26
- Rubén Pereira Cardalda ........................ 20:37
Clasificación xeral mulleres:
- Ester Navarrete Santana ........................ 22:27
- Cristina Estévez Crespo ........................ 26:46
- Begoña Arránz González ...................... 27:45
0 comments