XVII Cross de Verán de Broña
- setembro 17, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Volvo a unha proba que parece que se me dá bastante ben xa que das tres participacións que levo, nas tres ocasións conseguín chegar ao podio. Despraceime ata o Concello de Outes, concretamente ata a Praia da Broña onde se ía celebrar o XVII Cross de Verán de Broña sobre unha distancia de 10Km onde se corre por asfalto e unha parte de camiños de terra.
O obxectivo sería:
- Intentar conseguir o 4º podio nesta proba.
🏆 O MEU RESULTADO 🏆
- Posto xeral: 4º de 73.
- Posto categoría: 1º
- Tempo: 34:35 min.
- Ritmo: 4:08 min/km
O obxectivo conseguido e xa van 4 podios en 4 carreiras e este ano non lle faltou moito para conseguir un podio absoluto. As sensacións foron moi boas e creo que debido ao problema que houbo a miña cabeza estaba entretida en saber que estaba pasando e non se daba conta do esforzo e cansancio que podía ter.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido debido a un grave erro, foron 8,3 Km xa que non fixemos unha parte do percorrido e todos fixemos o mesmo percorrido incluído os que estaban na proba de 5Km. Este ano cambiou o lugar da saída e arrancamos dende a praia para min todo un acerto, despois foi ao revés que os últimos anos que participara xa que a parte de monte que sempre a facíamos baixando desta vez tocou subir e aí xa non me gustou tanto prefería baixar esa parte e subir por asfalto pero sigue mantendo a esencia con subidas duras e baixadas polos camiños de terra.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Varias distancias a escoller entre 5K e 10K e ademais o día antes había unha andaina solidaria.
- Voluntarios nos cruces.
- Avituallamento intermedio con auga.
- Avituallamento final completo.
- Duchas lonxe pero está a praia ao carón polo que queda compensado.
- Inchables para os cativos.
- Taller de primeiros auxilios que nesta edición ensinaban a que facer en caso de atragoamento.
- Agasallo dunha camiseta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- Fallo moi grave na sinalización ou voluntario que tiña que estar no cruce que separaba a proba dos 5K e dos 10K xa que ao final acabamos todos correndo 8,4Km.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
- Alberto García Gaciño ... 32:40
- Manuel Vieites Carballo ... 32:57
- Eloy González Horta ... 34:15
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
- Tina Fernández Barreiros ... 36:34
- Marinela Mayo Caamaño ... 40:50
- Laura Vila Santos ... 41:07
0 comments