XIV Nocturna de Nadal Ferse #YoCorroPorLua
- decembro 25, 2023
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Desta vez tocou facer unha proba distinta, a Nocturna de Nadal Ferse de Pontevedra xa que esta non era competitiva e ía estar acompañando a Lúa, unha rapaza de Pontevedra que padece Zard, unha mutación xenética no xen zc4h2. O percorrido serían 4Km polo centro e tamén cruzando o Río Lérez. Esta proba é solidaria para recadar fondos para a Asociación Artogriposis de España e para terapias para Lúa.
Pois como dixen non hai clasificación xa que a proba non era competitiva e o importante era colaborar coa causa.
Gustoume moito participar xa que foi algo completamente distinto ao que acostumo facer que é competir. A verdade que non coñecía o proxecto de @YoCorroPorLua no que a través do deporte intentan dar visibilidade a esta enfermidade rara. Dende aquí dar as grazas a Kike, que é o pai de Lúa, de que me contactase para que participase e coñecer todo o que ten montado. Seguramente volva a participar e compartir km's con Lúa.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido entretido polo centro de Pontevedra e cruzando o Río Lérez, con algunha zona perigosa por falta de luz e porque a pedra estaba esvaradía pero cun encanto especial ao estar coas luces de Nadal.
Pd.: Moitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️
0 comments