X San Silvestre de Santiago

Aínda que nun principio non ía ir, tocou desprazarse ata Santiago de Compostela para participar na San Silvestre de Santiago, cun percorrido homologado de 5Km pero que nesta caso non ía a buscar mellorar o tempo se non que ía a desfrutar e a ver que sensación tiñan xa que continúo coa lesión pero como tiña que correr algo pois era a proba perfecta para irse probando.


🏆 O MEU RESULTADO 🏆
  • Posto xeral: 349º de 1464.
  • Posto categoría: 247º
  • Tempo: 25:27 min.
  • Ritmo: 4:57 min/km
🏁 PERCORRIDO 🏁

O percorrido era a primeira vez que o facía e non me pareceu un bo percorrido para estar homologado e ir buscar un gran tempo. Varias subidas que non eran moi duras pero que che van quitando ritmo e moitos xiros algún deles xa polo empedrado da zona vella. Vexo máis un percorrido para desfrutar e coñecer un pouco a cidade de Santiago. 

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información da carreira.
  • Recollida de dorsais 2 días antes e o propio día.
  • Voluntarios ao longo do percorrido.
  • Avituallamento final con auga.
  • Agasallo deste gorro.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Non se entregaban dorsais na zona da saída, xa que tiñas que ir ao Centro comercial por el.
  • Penso que tampouco había servizo de duchas.
  • A saída foi un perigo polo menos por onde saín eu con moitos rapaces cruzándose dun lado a outro e moitos corredores parándose no medio do percorrido.
🏆 Clasificación xeral homes 🏆
  1. Antón Gómez González ... 15:33
  2. Yago I. García Sainz ... 15:40
  3. Pedro Liste Monteagudo ... 15:57
🏆 Clasificación xeral mulleres 🏆
  1. Emma Méndez Martínez ... 17:48
  2. Ainoa Gontán Iglesias ... 18:13
  3. Debris Paniagua Rodríguez ... 18:25
Pd.: Clasificación completaMoitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments