Andaina A Camelia 2024
- febreiro 11, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Ata última hora estiven esperando a ver se podía correr o Trail da Camelia que este ano cambiou de localización de Vedra para Santa Cruz de Ribadulla polo que tamén cambiaba as distancias e os percorridos. Finalmente pola lesión non conseguín chegar polo que decidín ir a andaina que tamén se facía. O percorrido sería o mesmo que o do trail de distancia intermedia con algunhas variacións para evitar zonas máis técnicas polo serían 14Km e 400m+.
🏁 PERCORRIDO 🏁
O percorrido saía dende o centro cultural de Santa Cruz de Ribadulla e a escasos metros atravesamos o Pazo de Ortigueira co seu paseo das oliveiras. Deixando o Pazo atrás, poñemos rumbo ao Rio Ulla para ir ao seu carón percorrendo un tramo da Ruta de San Xoán da Cova que chega ata o Miradoiro de Gundián. Dende aí imos polo Roteiro da Loba pasando pola Fervenza do Pontillón, a Fervenza de Codeso e varios muíños. Tras deixar o rio atrás viñeron zonas de monte, varias subidas duras, sendeiros e pistas que xa indicaban que estabamos preto da meta e chegar ao mesmo punto da saída.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Boa información das probas.
- Varias distancias a escoller entre 10K, 14K ou 32K para a carreira e andaina de 14K.
- Ampla zona para aparcar aínda que ao final quedou escasa e houbo que buscar sitio nos arredores pero sen problema.
- Recollida de dorsais o día previo ou o mesmo día.
- Voluntarios nos cruces coa estrada e puntos conflitivos.
- Moi boa marcaxe do percorrido aínda que creo que faltou un sinal xusto no miradoiro de Gundián que indicase que había que seguir de fronte e non ir cara o miradoiro xa que por alí había cintas da carreira.
- 2 avituallamento intermedios moi completos.
- Avituallamento final moi completo con todo o que te poidas imaxinar ata había filloas e bolos preñados para todos.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- O que comentei de ese sinal que non viña mal no miradoiro de Gundián.
- As duchas que quedan a 2Km no campo de fútbol e hai que ir no coche pero é o prezo a pagar polo cambio de localización.
- Algo complicado foi deixar pasar aos corredores cando íamos entre a Fervenza do Pontillón ata que saímos da zona do rio xa que era unha zona moi estreita e era difícil apartarse para deixar pasar e non molestar.
Moitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️
0 comments