Andaina de Outes 2024

Pois nova andaina nunha localización nova xa que aínda que participara no Trail Subida ao Tremuzo de Outes este era noutro lugar polo que non coñecía nada do que me ía atopar nesta Andaina. O percorrido sería o mesmo que o do trail curto con algunhas variacións para evitar zonas máis técnicas polo serían 15Km e 670m+.


🏁 PERCORRIDO 🏁

Moi semellante ao percorrido do trail curto con variacións para que fora máis sinxelo poder andar. Saída dende o Parque da Horta do Muiño e a diferenza do trail nos imos subindo por camiños máis practicables evitando así os cortalumes. Xa na cima, unha mágoa a néboa que nos privou das vistas e  baixada técnica xa que estaba todo moi enlamado e era moi fácil esvarar e baixar arrastras. Dende o avituallamento imos por camiños separados do trail ata os últimos 2Km pegados ao Rio Tins e xa ata meta.

✅ PUNTOS POSITIVOS ✅ 
  • Boa información das probas.
  • Varias distancias a escoller entre 14K ou 25K para o trail e andaina de 14K.
  • Sen problemas para aparcar relativamente preto.
  • Recollida de dorsais o mesmo día.
  • Voluntarios ao longo do percorrido.
  • Moi boa marcaxe do percorrido aínda que como se ve no vídeo case nos enganamos pero foi máis despiste noso porque as marcas e cintas víanse ben.
  • 1 avituallamento intermedio completo.
  • Avituallamento final completo.
  • Servizo de duchas a uns 500m aprox. da meta.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
  • Non notei nada en falta polo que pola miña parte estivo todo ben.
Moitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️

Tamén che pode gustar:

0 comments