IX Andaina Terras de Altamira
- maio 11, 2024
- Por: IglesiasAmores
- 0 Comentarios
Comezando a correr de novo pero como vou moi pouco a pouco, hai que seguir con andainas e tocou desprazarse ata Brión onde se ía celebrar a 9ª Andaina Terras de Altamira con tres opción de distancia onde estaría inscrito na distancia media de 36K pero que segundo as sensación podía aventurarme a facer a longa de 50K, que me serviría para sumarlle uns bos Km as pernas.
🏁 PERCORRIDO 🏁
Percorrido entretido por sendeiros e pistas onde case era imposible non mollar os pés. Algunha subida longa, baixadas cómodas con un par delas que eran un pouco máis técnicas e a mellor parte cando se vai pegado ao río pero que non tiña pinta que fose moi limpo. Mágoa que non se pasase polas Torres de Altamira, único punto que coñecía da zona. Percorrendo os concellos de Brión e Rois polo que vin en paradas de bus e non sei se pasamos por algún máis xa que estivemos pola fronteira do concello de Ames.
✅ PUNTOS POSITIVOS ✅
- Moi boa información das proba.
- Varias distancias a escoller entre 16K, 36K ou 50K.
- Habilitado un aparcadoiro para os participantes.
- Recollida de dorsal/pulseira o día previo ou o mesmo día.
- Moi boa marcaxe do percorrido con cintas e marcas.
- 5 avituallamentos intermedios completos e o do Km 24 a maiores tiña bocadillos e empanada.
- Avituallamento extra non oficial a altura da Casa Rural Vella da Rivera.
- Avituallamento final moi completo, igual co do Km 24.
- Servizo de duchas e piscina a uns 800m aprox. da meta.
- Medalla finisher e diploma con nome, distancia e tempo invertido.
- Agasallos dunha mochila, camiseta, eco vaso, colgante, gorra e cepillo de dentes.
❌ PUNTOS A MELLORAR ❌
- O plátano nos avituallamentos que estaba demasiado verde.
Moitas grazas por pasarte e vémonos nas carreiras. ✌️
0 comments